Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Vicepresidente da Xunta, inaugura a feira de artesanía Ofeitoaman en Vigo


>
O acto estivo amenizado polo grupo “Verbum Jazz Trio” de Vigo,
composto por Kely García (guitarra), Oscar Rodriguez (contrabaixo) e Luis Castellanos (batería).

A feira ten como novedade este ano unha nova montaxe nunha carpa de 600m2 dotada de calefacción e máis espazo para o público, na que expoñen 43 expositores chegados na súa maioría de toda Galicia, pero tamén doutras comunidades e Portugal.

A esta carpa poderase acceder por dúas entradas, directamente dende a estacíon de Renfe ou ben a través da propia praza da estación.

A feira ábrese ó público a partir da súa inauguración ás 12 h. do
domingo 18 de decembro e permanece aberta ata o día 5 de xaneiro (salvo os días 25 de nadal e 1 de xaneiro).

O resto dos días o horario de visita é de 11 a 14 e de 16:30 a 21 h.

Ofeitoaman05 é unha feira organizada pola Asociación Galega de
Artesáns que conta coa colaboura do Concello de Vigo e Renfe.

As pezas expostas na feira gozan da garantía de autenticidade da
Asociación Galega de Artesáns, que mantén durante todo o ano un
servicio de atención ós consumidores sobre calquer aspecto relacionado coa Artesanía de Galicia (www.galegadeartesans.org).

Asociación Galega de Artesáns