O presidente da Xunta transmite aos alcaldes a vocación do Goberno galego de resolver con transparencia o conflicto das infraestruturas rurais

O mandatario galego explicoulles que a Xunta tomou esta determinación por motivos de saneamento, eficacia, e de xestión política e administrativa. Transmitiulles que se poñerá en marcha un novo plan que nacerá coa vocación impulsar as máximas actuacións posibles de acordo aos novos criterios e ás capacidades orzamentarias. Touriño explicoulles que se dará conta do plan ao Parlamento e á propia Fegamp.
Touriño que se reuniu coas alcaldesas de Melide e Cartelle e cos alcaldes de Cambados e de Antas de Ulla, amosouse convencido de que unha porcentaxe moi alta das actuacións poderán ser incorporadas sempre que se axusten a criterios transparentes e horizontais.
O presidente da Xunta reiteroulles que haberá obras que non poderán ser realizadas e lembroulles que de feito a propia Fegamp entendía que existían obras que non tiñan que ver coa actuación de medio rural, como por exemplo piscinas e tanatorios.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia