O alcalde trata co director xeral os investimentos en centros culturais
Ao longo da xuntanza o alcalde ponteareán presentoulle ao Director Xeral os proxectos que posue o goberno municipal de Ponteareas para dotar a diversas parroquias do noso municipio duns centros culturais para promover as iniciativas culturais e a apoiar o tecido asociativo destas parroquias. En concreto, o Director Xeral garantiu a continuidade do convenio asinado para o centro Cultural de San Mateo de Oliveira para o que existe un convenio asinado entre o Concello e a Consellería de Cultura que prevee 60.000 Euros de investimentos no ano 2006 e outros tantos no ano 2007.
Deste xeito será posible contar con que esta parroquia poida dotarse deste equipamento de interese social e cultural en pouco máis dun ano. Salvador González presentoulle ao Director Xeral os proxectos xa elaborados para os centros culturais de San Lourenzo de Oliveira, Santiago de Oliveira, Cumiar e Bugarín solicitando a colaboración da Xunta de Galicia nesta materia.
Foi aproveitada a xuntanza para coñecer os novos plantexamentos da Consellería de Cultura e Deporte en materia de actividades culturais solicitando que o Concello de Ponteareas poida seguir acollendo actividades organizadas conxuntamente. Nesta materia solicitouselle ao Director Xeral apoio especialmente para a música, de xeito singular para as bandas de música, existentes no noso municipio.
Finalmente se abordaron outros aspectos relacionados coas necesidades de promoción da lectura por medio da rede de bibliotecas municipais existentes e o Alcalde pediulle a colaboración daquela Dirección Xeral para mellorar as instalacións da Sala de Exposicións do Pazo da Música.
O goberno municipal de Ponteareas confía que os temas tratados cheguen a contretizarse en proxectos e investimentos que promovan a actividade cultural en Ponteareas.

Concello de Ponteareas