Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En tempos de agasallos Amigos da Terra lembra que os animais non son xoguetes

A venda de animais e os accesorios para o seu coidado son un gran negocio que empurra en moitas ocasións ós vendedores a non ofrecer toda a infomación necesaria sobre coidados e características dos animais (como a súa lonxevidade) ós compradores.

Éstes, despois dun tempo, cansados das atencións que solicita calquer animal acaban por abandoalo sen pensar nas consecuencias que isto conleva. “ Se nos referimos ós animais domésticos como poden ser os cans, tra-lo abandono acaban en centros que habitualmente non teñen as mellores condicións debido ó gran volume de animais que chegan ou acaban asalvaxados creando problemas nas zonas rurais que despois se achacana outras especies coma os lobos” declaran membros de Amigos da Terra.

Esta práctica de abandono se extende ós animais exóticos, que precisando coidados demasiado específicos pola súa procedencia, son olvidados baixo a excusa de que “creceu demasiado” contribuíndo a un desequilibrio no ecosistema ó ser estas especie moitas veces máis fortes que as endémicas e ser vencedoras na competición polo alimento, o que supón unha importante perda de biodiversidade. A solución tampoco está en entregalos ós zoolóxicos, que rexeitan a súa adopción, xa que requiren un alto emprego de enerxía para simular temperaturas tropicais e alimentos moi especiais.

“ É por todo isto que dende Amigos da Terra facemos un chamamento á cidadanía de que sexan responsables coas súas mercas nestes días e reflexionen sobre o futuro que lle depara ó animal que pretendan adquirir e se poden ofrecerlle unhas condicións de manutención dignas durante toda a súa vida xa que o abandono ten consecuencias moi negativas para o animal, un ser vivo, e para o entorno” expresa o colectivo ecoloxista.
Centro IRIS de Medioambiente-Amigos da Terra