Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Partido Galeguista denuncia o lamentable estado do entorno das Burgas

Ademais do descoido e da falla de limpeza, o lugar está a ser empregado por drogadictos que abandonan xeringuillas usadas, defecan e campan con total impunidade a calquera hora do día nun espacio, as escaleiras que dan acceso a ponte, que é a ruta habitual tanto de turistas e veciños ourensáns como de centos de alumnos que van a
colexios da Carballeira ou de Doutor Fleming, ademais de estar a escasos metros do centro escolar das Josefinas.

O Partido Galeguista vai a emprender accións inmediatas para que se subsane esta vergoñenta situación e esixir responsabilidades, con denuncias diante dos estamentos competentes e a solicitude de que tanto a Policía Local como o servicio de limpeza do Concello de Ourense actúen na zona de xeito eficaz para garantir a salubridade e
seguridade dos veciños e viandantes.

Máis información na web: http://ourense.galeguista.com

Partido Galeguista (PG)