Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

EU-IU denuncia a falta de calefacción no CEIP Fermín Bouza-Brey

Dende EU-IU pedímoslle ó concelleiro municipal de educación que asuma as súas responsabilidades neste tema e que non conteste con evasivas, nen botándolle a culpa ó conserxe, empregado municipal, de non avisar a tempo.
Dende EU-IU pedimos ademáis que se aclare polo concello ante o profesorado e ANPA qué orientacións recibe o conserxe sobre horarios de calefacción.
Queremos que aclare tamén o resultado da súa entrevista co delegado provincial respecto a mellora do sistema.
Consideramos que a propia instalación é insuficiente cando funciona, sendo isto responsabilidada da Xunta de Galicia.
Pero da falta de fuel a responsabilidade é do Concello.
Román Alonso (Coordinador Local de EU-IU)