Celébrase o IV Torneo de Tiro Olimpico Concello de Carral

Disputada esta primeira xornada, que deu inicio á competición anual, Miguel Sánchez acadou o primeiro posto do ranking na categoría infantil masculino, na modalidade de pistola. Na categoría sénior masculino, na modalidade de carabinas miras pechadas foi Jesus García o que se alzou co primeiro posto da clasificación. Finalmente Jorge Sánchez, gañador na anterior edición do torneo, comezou a actual dominando na categoría sénior na modalidade de pistola.
Unha vez rematada a xornada deportiva, celebrouse, o redor das 22.00 h, unha cena-baile na que tivo lugar a entrega de trofeos e clausura correspondente á III edición deste Torneo. Ó mesmo tempo, quedou inaugurada esta nova edición 2006. Despois, a alegría e a diversión durou ata preto das tres da madrugada
O concelleiro de deportes, Jesús Raso López, e o presidente do club de Tiro Olímpico de Carral, J. Carlos Mena, mostráronse enormemente satisfeitos polo éxito e importancia que esta a acadar este torneo na comunidade galega. Agardan que esta nova edición o converta nun clásico dentro do circuíto de competicións da modalidade deportiva.
Carlos Alberto Fragoso Parga - Técnico Municipal de Deportes Concello de Carral