Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Alcalde de Celanova decretou dous días de luto oficial polo falecemento do mozo Alejandro Pérez Lorenzo nun accidente de tráfico en Santiago de Compostela.

O alcalde de Celanova, Antonio Mouriño Villar ordeou colocar as bandeiras da Casa do Concello a media asta e decretou dúas xornadas de luto oficial, ata as 24,00 horas de mañá venres, solidarizándose coa dor provocada na vila polo falecemento do mozo celanovés, Alejandro Pérez Lorenzo, na xornada de hoxe nun accidente de tráfico nos accesos á cidade de Santiago de Compostela.

 

Antonio Mouriño Villar, en representación da corporación municipal, quere manifestarlle así o seu pesar ós familiares de Alejandro Pérez, ós seus amigos e ó do pobo celanovés en xeral, tan dorosamente azoutado nos últimos anos por varias traxedias semellantes a esta, achegándolle unha mención de cariño especial ó seu irmán, Julio César Pérez Lorenzo, que exerceu de concelleiro neste concello, formando parte do grupo de goberno durante o periodo municipal de 1995-1999.

 

Así mesmo dende o Concello de Celanova tamén se lle quere facer chegar o pésame á familia do seu cumpañeiro de Oimbra, tamén falecido no accidente.

 

E por outra banda, desexarlle unha rápida recuperación ó tamén veciño de Celanova, Adrián Quintairos, co fin de que poida superar o máis rápido posible este tráxico lance que lle ten feito pasar a vida e volver logo á súa actividade deportiva que nos últimos anos ten sido seguida con gran ilusión por moitos nenos de Celanova.

 
Celanova, 19 de xaneiro de 2006

 

Antonio Mouriño Villar
Concello de Celanova