Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

¡Ábrese o telón!... Comeza a Escola de Teatro Xuvenil de Brión

A inscripción na escola farase do 16 de xaneiro ó 4 de febreiro, e a mediados de
febreiro darán comenzo as súas actividades, que terán lugar na biblioteca da
Casa de Cultura. Os días e o horario desta actividade determinarase cos
asistentes unha vez apuntados.

O obxectivo desta proposta é a de traballar a cultura teatral de base, o teatro
aficionado cun colectivo como son os xóvenes adolescentes. Preséntasenos así o
teatro, como unha extratexia privilexiada para darlle un contido educativo e
formativo o tempo de lecer dos nosos xovenes, ao mesmo tempo que se xeneran
novos artistas, créanse novos públicos, fomentase a afección ás artes escénicas
e dotase de sensibilidade artística en xeral.

O desenvolvemento da Escola de Teatro Xuvenil de Brión contará entre outras
actividades:

- Obradoiro de introducción teórico-práctica ao teatro: a historia do teatro,
que é o teatro, o teatro en Brión, as novas tendencias escénicas…
- Sesións prácticas de coñecemento do grupo: xogos de deshibición, descubrimento
de corpo, do espacio...
- Sesións de prácticas teatrais: adquisición de coñecementos e técnicas de
aplicación teatral como son: respiración e voz, dicción, vocalización correcta,
entoación, interpretación, son e movemento, coordinación, xesticulación…
- Sesións de ensaios teatrais: orientado a posta en escea dunha peza teatral.
- Posta en escea e exhibición da obra teatral ensaiada: representación da obra
primeiro no concello de Brión, e despois noutros concellos.
- Entrega dun diploma os actores participantes, unha vez rematado a escola.

O remate do curso, mostraranse as montaxes teatrais realizadas polos nosos
xóvenes a través dos obradoiros. No caso do funcionamento desta escola, para o
ano que ven este grupo de teatro en vías de consolidación, participaría nos
circuitos de actuacións da Xunta e da Deputación, e a corto prazo tentaríase de
recuperar no concello a Mostra de Teatro Afeccionado.

En fin, que se abre o telón desta nova Escola de Teatro Xuvenil, no mellor dos escenarios posibles para nos, o noso concello. O susurrar das follas da carballeira anuncia que a función pronto vai comenzar, quedan convidados todos os nosos xóvenes para participar. O resto tan só nos queda disfrutar.

Máis información en: http://www.concellodebrion.org e
http://www.concellodebrion.org/galego/Escola_de_Teatro_Xuvenil_de_Brion.htm.

Alberto Álvarez Escudero (Técnico de Cultura do Concello de Brión)