Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Fegamp e Fondo Galego apostan por un impulso á cooperación municipalista

José Crespo, comprometeu o firme apoio da Fegamp a ese proceso e mesmo un maior respaldo para afirmar este eixe da actuación pública cada vez máis importante.
Segundo Alfredo Novoa, o encontro serviu para aproximar posicións nesta nova etapa, buscando unha converxencia necesaria de actitudes para que considerable avance da cooperación municipalista, arredor do Fondo Galego, dos últimos anos, poida consolidarse e medrar con parámetros de maior calidade.
A coincidencia da recente aprobación da lei galega de cooperación e o inicio dunha nova etapa na Fegamp, aseguran ambos os dous, son factores que poden favorecer un avance cualitativo neste eido. O Fondo Galego agrupa xa a case setenta entidades locais e provinciais da nosa Comunidade.
Ao encontro asistiron tamén o vicepresidente da Fegamp, Manuel Lagares, e por parte do Fondo Galego, Aurora Carbajal, concelleira de Nigrán, e Xulio Ríos, director da entidade.
Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)