Máis de 60 nenos e nenas de Carral acudiron á pista de xeo do Coliseum

Con esta nova viaxe, xa clásica na programación deportiva de inverno da localidade (esta é a 6ª edición), o Concello de Carral pretende o fomento da práctica deportiva entre as poboacións máis xoves, vinculándoa sempre á mellora da saúde. Poténciase tamén a patinaxe artística, unha das disciplinas deportivas máis destacadas do municipio nos últimos anos que, xunto que judo e o fútbol, son os buques insignias do deporte carralés.
A xornada de diversión comezou o sábado o redor das 11.00 h, momento no que a expedición carralesa partiu cara a pista de xeo. Ó redor das 12.00 comezou a xornada de patinaxe na que algúns dos máis expertos participantes puideron lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns, e outros simplemente fixeron acrobacias para non caerse. Despois dunha hora de deslizante diversión, os nenos e nenas carralesas voltaron cara as súas casas, esgotados pola intensa, aínda que divertida actividade.Todos eles expresaron a súa ledicia polo ben que o pasaron e se mostraron impacientes desexando que pronto ser repetira unha nova visita á pista de xeo.

Por outra banda, o concellerio de deportes, Jesús M. Raso, Expresou a súa satisfacción polo éxito de participación acadado nesta edición, e agarda poder superalo o vindeiro ano.
Carlos Alberto Fragoso Parga - Técnico Municipal de Deportes