Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Manifestacion 31 de xaneiro de 2004 polas melloras da vía rápida do Morrazo, en Moaña

O díptico que se distribúe invitando ós veciños a manifestación mostra por unha cara o trazado que publicitou o Conselleria nos medios de comunicacion o 1 de agosto do 2001, así como as grandes cifras da obra, e enriba os montes de terra cos que se destruirá A Devesa en Domaio e O Muiño do Inferno en Domaio. Unha señal de Peligro-Voladuras chama a atención do perigo e o daño que se causará en O Caeiro en Meira.
Pola outra cara mostranse tódalas accións que os colectivos polas melloras da vía rápida veñen facendo para que a Administración atenda as propostas de mellora dende que o 15-8-2000 o BOE fixo público o estudio informativo do vial ata o dia de hoxe en que comenzará o reparto de carteis e dípticos.
Mañán mércores ás 8 da tarde está convocado un pleno extraordinario no concello de Moaña para pedir o apoio e a asistencia -en primeira liña-, dos concelleiros de Moaña a manifestación. Animamos ós veciños de Moaña a asistir ó pleno. En Meira os veciños estan convocados na pista de tenis da Porta do Sol as 7 da tarde, para sair coas velas en procesion cara o concello.
Esperamos o pronunciamento publico de ACIMO (Comerciantes e industriais de Moaña) a petición de apoio e asistencia que lles temos feito á manifestación, e que solidariamente pechen os seus locais nas horas en que se leva a cabo o acto (de 5 a 8 da tarde). Esta mesma solicitude xa se ten feito con outros colectivos e asociacións (deportivas e profesionais de todo tipo)  para que aplacen as suas actividades.
Víctor Pastoriza