Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O proxecto de investigación de Victoria Martínez Rodríguez sobre a Sección Feminina en Ponteareas (1936-1955), gañador do Premio Bouza Brey

A acta do xurado é a seguinte:

Na Casa do Concello de Ponteareas a vinteseis de xaneiro de dous mil seis e sendo ás 13,15 horas reúnese o xurado do IV Premio de Investigación “Fermín Bouza Brey” convocado por este Concello de Ponteareas, para honrar a memoria deste insigne poeta e polígrafo, e integrado polos seguintes membros:

Don Salvador González Solla, Alcalde
Dona Isabel González Lago, concelleira de Cultura
Don Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, en representación do Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”
Dona Susana Reboreda Morillo, en representación da Universidade de Vigo
Don Francisco Calo Lourido, en representación do Consello da Cultura Galega
Dona Victoria Vázquez López, en representación do Consello Galego de Museos
e Rafael Sánchez Bargiela, que actua como secretario do mesmo

Logo da correspondente deliberación e tras verificar que entre as seis propostas de investigación varias posúen elementos de interese para Ponteareas e a súa bisbarra felicitando aos candidatos polas súas aportacións e animando ao Concello a continuar con esta convocatoria, o xurado acorda por unanimidade conceder este premio ao proxecto titulado “A muller no franquismo, a Sección Feminina en Ponteareas (1936-1955)” valorando positivamente a memoria presentada polo seu rigor, pola documentación empregada e a viabilidade do tema, que céntranse nunha temática sobre a historia das mulleres ata agora escasamente abordada. Aberta a correspondente plica corresponde a María Victoria Martínez Rodríguez, de As Neves.
Concello de Ponteareas