O número de parados descendeu en Galicia en 2005 en 18.200 persoas, segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA)

Evolución Interanual
Nos últimos doce meses, Galicia incrementa os seus ocupados en 16.500 persoas, e ao mesmo tempo reduce os parados en 18.200. Así, a comparativa entre o cuarto trimestre de 2005, datos estes corrixidos do impacto dos cambios da EPA, e o mesmo período de 2004, da como resultado un importante incremento de ocupados e un forte descenso de parados.
Este bo comportamento ven confirmado polos bos resultados obtidos na afiliación á Seguridade Social, que ven medrando a bo ritmo ao longo de todos os meses de 2005, que por outra parte se ten acelerado no segundo semestre, de tal xeito que a taxa interanual máis elevada é precisamente a correspondente a decembro de 2005, que se sitúa no 3,5%. Entre os meses de decembro de 2004 e 2005, a poboación galega afiliada á Seguridade Social incrementouse en 33.500, cifra que coincide practicamente co aumento do emprego estimado pola EPA entre os dous últimos trimestres dos anos citados.
A isto hai que engadir a boa evolución do paro rexistrado, cunha media anual de diminución de case un punto, reducción que se da por primeira vez dende o ano 2001.
Ao abeiro destes datos, e tendo unha completa información de 2005, tanto da Enquisa de Poboación Activa, como dos rexistros laborais, este panorama ven a confirmar a boa tendencia do mercado de traballo en Galicia.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia