Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O CETMAR liderará o proxecto Cidade do Mar de Vigo

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos considera que o anuncio da creación da “Cidade do Mar, que se enmarca nun plan de actuación do novo Goberno galego na área metropolitana de Vigo, é un paso necesario no proceso de referenciar a cidade olívica como a Capital Europea da Pesca, “un desexo que precisa deste pulo da administración autonómica e central para convertirse nunha
realidade”.

Deste xeito, a conselleira Carmen Gallego sinalou que comparte plenamente
co Ministerio de Educación e Ciencia a crenza da existencia real dunha
masa crítica industrial e investigadora no mundo da pesca en Vigo e
anunciou que será o Centro Tecnolóxico do Mar o encargado de liderar
esta iniciativa. Neste senso, o Cetmar, dependente da Consellería de Pesca
e Asuntos Marítimos, xa está a traballar en colaboración con outros
departamentos da Xunta de Galicia para favorecer a posta en marcha desta
“Cidade do Mar”, na que o propio Centro Tecnolóxico do Mar terá un papel
relevante pola súa condición de organismo galego encargado da coordinación
da investigación mariña na comunidade autónoma.

A plataforma de investigación marítimo-pesqueira, que o Presidente Touriño
xa anunciara na súa intervención do pasado 1 de decembro no Pleno do
Parlamento Galego, aglutinará a todos os centros de investigación deste
eido e convertirá a Vigo nun referente mundial. A significación da cidade
nas cuestións mariñas, cunha actividade económica moi importante ao seu
carón, e un núcleo de investigadores de recoñecido prestixio a nivel
internacional son o mellor punto de partida para o nacemento deste
organismo de I+D marítimo-pesqueiro.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia