Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Deputación destina 90.000 euros á Casa de Cultura de Guillade con caro ao PAM 2005

Esta obra fora solicitada polo Concello de Ponteareas que amosoulle á Deputación Provincial o interese por levar adiante este equipamento que, segundo o Alcalde de Ponteareas Salvador González Solla, dotará dun centro de actividades sociais e culturais a esta importante parroquia de Ponteareas que ata o de agora carecía dun local para estes fins.

O goberno municipal de Ponteareas valora moi positivamente este acordo que resposta a esta importante necesidade da parroquia de Guillade que acadará coa construcción desta Casa de Cultura un equipamento comunitario que redundará en beneficio do amplo tecido asociativo da parroquia e de todos os seus veciños.

Para Salvador González Solla a confirmación desta achega da Deputación que posibilita o inicio das obras da Casa de Cultura de Guillade se enmarca dentro do ambicioso programa de dotación de casas culturais ás parroquias do municipio de Ponteareas que promove o goberno municipal. No último ano realizáronse obras de creación ou mellora nas casas culturais de Celeiros, San Mateo de Oliveira (primeira fase), Fontenla, Areas e Ribadetea.

O Plan de Acción Municipal

As obras acollidas neste plan deberán estar xustificadas antes do 31 de outubro do presente ano 2006, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. Cabe sinalar tamén que a subvención concédese para colaborar na execución da obra citada, non podendo cambiarse o destino nin a cuantía da mesma.

Para o abono de dita subvención, requírese a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. Así mesmo, os Servizos Técnicos Provinciais poderán comprobar en todo momento a execución da obra.

Esta é unha das últimas actuacións incluída nos orzamentos do PAM de 2005, xa que no Pleno da Deputación do pasado 25 de xaneiro aprobouse xa o Plan de Acción Municipal 2006, que suporá un investimento nos concellos da provincia de 7.400.000 euros, aportados integramente pola institución provincial.

Este plan está dirixido á prestación integral de servizos de competencia municipal de concellos cunha poboación inferior ós 50.000 habitantes. As subvencións poderán acadar o 100% das obras de carácter básico cifradas no artigo 26 da Lei Reguladora de Bases de Rexime Local, e o 75% das previstas no artigo 25 da devandita lei. Os concellos deberán solicitar as obras ou actividades que desexen realizar, tramitarán os expedientes e executarán e conservarán os traballos.
Concello de Ponteareas