Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A cidade de Vigo acollerá en novembro un Campionato Nacional de Baloncesto de Special Olympics Galicia

As instalacións do Concello de Vigo acolleron a presentación dos Xogos Nacionais de Baloncesto Vigo 2006 que Special Olympics Galicia e Special Olympics España organizan no mes de novembro de 2006 na cidade viguesa coa colaboración do Concello de Vigo.

A alcaldesa da cidade viguesa e Presidenta de Honra de Special Oylmpics Galicia, Dna. Corina Porro; acompañada polo Presidente de Special Olympics Galicia, D. Eladio Fernández Pérez; e polo Xerente de Special Olympics España, D. Enric Blesa; foron os encargados de presentar este evento deportivo que reunirá no mes de novembro a preto de 600 deportistas con discapacidade intelectual de todos os puntos da xeografía española, sendo máis da metade deportistas galegos.

O evento reunirá durante tres días en Vigo a máis de 900 persoas entre deportistas con discapacidade intelectual, monitores, membros da organización e voluntarios.
A alcaldesa de Vigo animou a toda a cidade a participar neste evento deportivo e a apoiar aos deportistas de Special Olympics. Corina lembrou a emoción que sentiu no último campionato Nacional de Natación celebrado en Vigo onde asegurou que “todos lloramos muchísimo de la emoción”.

Eladio Fernández e Enric Blesa fixeron fincapé na importancia deste Campionato a nivel Nacional xa que é dos máis importantes que Special Olympics España vai celebrar este ano. O Xerente da entidade a nivel nacional alabou o traballo que se realiza dende Special Olympics Galicia asegurando que hoxe en día é a asociación que máis deportistas move nas súas actividades deportivas e de ocio asegurando que é a número 1 de Special Olympics España.

O Campionato levarase a cabo durante tres días nos cales celebraranse os partidos en equipo e as Probas Adaptadas a nivel individual. Ao término dos mesmos segundo a clasificación procederase á entrega das medallas por parte das autoridades asistentes. Paralelamente ao evento terá lugar na mesma cidade de Vigo un Encontro de Familias e facilitarase o Respiro Familiar aos participantes de dito evento.

O Campionato seguirá as liñas das actividades deportivas organizadas dende Special Olympcis. O día previo ao inicio do Campionato realizarase o percorrido da Antorcha Special Olympics pola cidade de Vigo.

Cristina Díaz (Departamento de Comunicación de FADEMGA FEAPS GALICIA)