Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Os nenos/as de Carral asisten ó partido Deportivo-Zaragoza

Con esta finalidade o departamento dirixido polo edil Jesús Manuel Raso López, organiza o domingo día 19, unha viaxe dirixida ós nenos e nenas do municipio para asistir ó encontro da décimo quinta xornada de Liga que enfrontará ó DEPOR contra o ZARAGOZA no Estadio Municipal de Riazor ás 17:00 horas.

Este acto divulgativo non se podería levar a cabo sen a inestimable colaboración do Real Club Deportivo de La Coruña que aportou 50 entradas para os nenos e nenas carraleses, e 2 máis para os monitores que os acompañarán. Denótase con elo a implicación e colaboración do club herculino en tódolos ámbitos do deporte de base.

Ademais, o Concello cubre o transporte de ida e volta ó estadio de Riazor cun autobús que parte ás 15.30 aproximadamente do Campo da Feira de Carral, e retorna ó punto de partida ó redor das 19.45 h. Así mesmo, os rapaces van acompañados e controlados en todo momento por dous monitores do Concello.

As 50 prazas están destinadas a nenos/as de entre 8 e 16 anos, que contan coa posibilidade de asistir a un evento deportivo de primeira liña, como é un partido da primeira división de fútbol. O prazo de inscrición remata o sábado, e poderano facer no tfno. 981 67 25 80, ou na Casa da Cultura do Concello de Carral.

Para calquera aclaración non dubiden en poñerse en contacto connosco no tlfn. 981 67 25 80 ou no e-mail: deportes@concellocarral.com
Concello de Carral