Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Os deportistas de Special Olympics Galicia celebran en O Porriño os X Xogos Autonómicos de Baloncesto

As instalacións do Concello de O Porriño acolleron a presentación dos Décimos Xogos Autonómicos de Baloncesto que Special Olympics Galicia celebra este sábado 18 de febreiro nesta localidade. Un total de 25 asociacións procedentes de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra competirán durante toda a xornada na competición por equipos, nas probas de destreza individual e nas probas adaptadas en función do nivel dos seus deportistas.

Os Xogos reunirán en O Porriño a un total de 518 persoas entre deportistas con discapacidade intelectual (343), adestradores (105), voluntarios (60) e integrantes da organización (10) e as competicións desenvolveranse nas instalacións municipais de O Porriño unha vez que o alcalde da localidade, Raul Francés Rodríguez, inaugure ás 11.15 horas da mañá os Xogos. A competición será ininterrumpida ata as 17.30 que se efectuará a entrega de medallas.


O acalde de O Porriño, Raúl Francés Rodríguez, asegurou na presentación dos Xogos que se trata “dunha actividade moi especial ao participar xente que ten un acceso ao deporte limitado sobre todo polas limitacións que lle pon a sociedade, que vai poñendo barreiras a quen non ten unhas capacidades tipo”. Francés quere que o sábado O Porriño “sexa un escaparate para que as persoas con discapacidade intelectual non se encontren con barreiras para facer deporte e dar fé de que son veciños e veciñas deste país e teñen uns dereitos”. O alcalde alabou o traballo realizado pola asociación Accesca, promotora dos Xogos, “un traballo que reviste na sociedade”. Segundo Francés este sábado “O Porriño vai ser unha festa” e convocou a todos os veciños a participar na mesma.


O Presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, tamén alabou na súa intervención a labora que se realiza dende a Asociación Accesca e lembrou que o fin de Special Olympics Galicia “é que a través deste deporte terapeútico que ofrecemos que as persoas con discapacidade intelectual participen neste deporte adaptadao para que se sintan realizados e útiles”. Eladio Fernández

recalcou a importancia do deporte para as persoas con discapacidade intelectual e lembrou que o deporte dende Special Olympics Galicia “proxéctase como medio terapéutico e non competitivo”. A filosofía da asociación é que “a través do deporte as persoas con discapacidade intelectual se sintan realizadas e ante todo se sintan deportistas”, asegurou o presidente da Asociación.

Pola súa parte a Xerente da Asociación Aceesca de O Porriño, Ángeles Leiros Vázquez, mostrou a satisfacción da Asociación de poder se os anfitrións de Special Olympics Galicia nestes Xogos e lembrou o lema que os deportistas con discapacidade intelectual de Special Olympics Galicia din antes de comezar a competición “Quero gañar, máis se non o acado, deixádeme ser valente no intento”.
Cristina Díaz