Xunta, Unión Fenosa e afectados agardan que o concello de Arteixo comence a expropiar os terreos para o traslado das liñas de alta tensión
A Plataforma de Afectados polas Liñas de Alta Tensión de Oseiro mantivo en pasadas datas contactos coa Consellería de Industria durante os que foron informados da disposición da Xunta a manter o compromiso de traslado do tendido eléctrico. Se ben o prazo inicial do convenio firmado xa rematou, foi aprazado ó non ter conseguido o Concello de Arteixo os terrenos necesarios por onde discorre o novo tendido.
A falta de compromiso do goberno popular arteixán é criticado polos veciños afectados que creen que detrás desta demora atópanse fortes intereses urbanísticos.
Aínda que xa se chegou a acordos cos pequenos propietarios , os atrancos aparecen na negociación cos donos das extensións máis grandes , que esixen permutas ou recalificacións destes terreos forestais por outros edificables .Para elo sería preciso agardar á aprobación das novas normas urbanísticas , algo que parece lonxano.
Os veciños apuntan que o grupo de governo prefire favorecer a estes terratenentes ca preocuparse pola saúde dos veciños, xa que de querer conseguir os terrenos pódese acudir á expropiación ou a unha modificación puntual da actual normativa urbanística tal e como se fixo para executar as obras do paseo fluvial ou o trazado de beirarúas.
Os compoñenetes da Plataforma de Afectados acuden ó concurso de antroido convocado polo Concello para recordarlle ó goberno arteixán que siguen agardando polos terrenos, ó ser éste o único motivo de que as obras do traslado non estean xa rematadas.
De maneira humorística , os veciños representarán e darán a coñecer quenes son os propietarios ós que se quere favorecer desde o goberno que preside Manuel Pose Miñones e a actitude que mantén o mandatario cara ós veciños, ós que non aporta información nin recibe desde hai anos.

Plataforma pola Eliminación das Liñas de Alta Tensión de Oseiro