Felipe Arias Vilas, impartiu, unha lección sobre o Museo de sitio de Viladonga

O Director Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte, Felipe Arias Vilas, impartiu, ó longo do día, unha lección sobre o Museo de sitio de Viladonga, complementada coa visita ó Castro e ás instalacións do Museo, tanto os servizos internos (laboratorio de conservación –onde contaron coa colaboración da restauradora Carolina Pérez-, biblioteca, salas de traballo e de reserva, etc), como as salas de exposición permanente e temporal. Os participantes neste Máster da Universidade compostelá desprazáronse desde Santiago e aproveitaron o día para visitar outros enclaves patrimoniais cercanos, como o Mosteiro de Meira.
Museo Viladonga