Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Os afectados polas radiacións da alta tensión de Oseiro piden explicacións pola demora do traslado

A Plataforma contraria ás liñas de alta tensión , que en diversas ocasións quixo reunirse co Alcalde sin que éste aceptara o diálogo, aproveita esta visita do rexidor para convocar ós afectados a que plantexen as súas demandas ante tantos anos de demora na execución das obras. “Son anos de retraso na acumulación de radiacións ás que estamos sometidos tódolos veciños da urbanización e os escolares e veciños que participan nas actividades que se realizan nas inmediacións: obradoiros, deportes no pavillón, actividades lúdicas nos locais municipais e locais comerciais. É un problema moi grave de saúde” , indican os voceiros da Plataforma.

“Esta será a primeira vez que o Alcalde vén a Oseiro a explicar a súa postura dos motivos do retraso do traslado, logo de que nós fixeramos público os auténticos motivos que están detrás da demora “ explican desde a Plataforma de Afectados
.
“ Só temos acceso ás explicacións que Pose Miñones da á prensa cada certo tempo e éstas contradícense entre si . Tén falado de que non se pode perxudicar ós propietarios de terreos , de que a Xunta é a que tén que encargarse de conseguir os terrenos e de que hai que agardar pola aprobación das Normas Urbanísticas “, siguen explicando os afectados.

“ A nós todo eso cheíranos moi mal , sobre todo despois de coñecer que hai intereses por parte dos grandes propietarios , que pretenden aproveitar as permutas dos terreos por onde van discurrir as liñas para facer o seu agosto . Por eso falan de esperar a aprobación do Planeamento, xa que alí é onde se vai reflectir esto.”

A Plataforma lamenta que se poña como disculpa sempre a aprobación das Normas, unha xestión que acumula un retraso de seis anos , “ xa que do que estamos falando aquí é dun problema de saúde que afecta a máis de 1.100 veciños e 400 escolares”.

“Nós preguntámoslle ó Alcalde ¿por que non se pode optar por unha expropiación dos terreos como se fixo para o paseo marítimo e fluvial ou por unha modificación puntual das Normas actuais como se fixo para construír a igrexa.? Agardamos respostas con papeis e normativa na man e non simplemente con palabras que logo non valen para nada.“
Plataforma de Afectados polas Liñas de Alta Tensión de Oseiro