Inaugurada a exposición Sinais perennes do pintor venezolano afincado en Galicia Arturo Carrión

afincado en Galicia, Arturo Carrión.
A inauguración dou comezo ás 20:30 horas coa presencia do alcalde
Xosé Luís García García; o pintor Arturo Carrión e mailo técnico de cultura de Brión, Alberto Álvarez Escudero. Houbo unha notable asistencia de público que practicamente encheu o salón onde se celebrou o acto, cedido polo Hotel-Balneario.
A ocasión serviu tamén para inaugurar a nova edición do ciclo Brión ARTE 2006: un renovado compromiso coa arte e as letras. Brión ARTE é un proxecto que naceu fai un ano cunha idea clara: promocionar en Brión as belas artes a través dun ciclo anual de exposicións de artistas plásticos galegos contemporáneos de primeira liña. A nova andaina deste proxecto inciouse coa inauguración desta exposición de Arturo Carrión, cunha mostra da súa recente creación pictórica.

Alberto Álvarez Escudero (técnico de Cultura da Casa da Cultura - Concello de Brión)