López Sieiro informa na Comisión de Pesca das liñas de investigación sobre mareas vermellas
O secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Miguel López Sieiro, interviu na Comisión de Pesca, a petición do Grupo Socialista, para dar conta
das diferentes liñas de investigación que se están a levar a cabo con
motivo das mareas vermellas. López Sieiro recoñeceu que “a acumulación nos
bivalvos de toxinas procedentes do fitoplancto é quizáis o principal
problema do cultivo e explotación dos bivalvos en Galicia e en outros
lugares de Europa e do mundo” e destacou que a investi
gación neste eido “adquire, polo tanto, unha importancia fundamental para
a Consellería de Pesca”.
Así, sinalou que o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) conta entre as
súas áreas de traballo cunha adicada aos Procesos Oceanográficos Costeiros,
que ten como obxectivo principal o coñecemento dos aspectos da oceanografía
relacionados coa produción dos recursos pesqueiros e marisqueiros de
Galicia. Neste senso, ten en marcha varias liñas de investigación
relacionadas cos procesos de intoxicación orixinados polo fitoplancto: A
primeira das liñas ocúpase do desenvolvemento e aplicación das técnicas
alternativas ou complementarias á microscopia para o estudo da composición
e a dinámica do fitoplancto causante de proliferacións de algas nocivas, e
a segunda liña ocúpase do estudo de acumulación de toxinas procedentes do
fitoplancto en moluscos bivalvos e do deseño de procedementos que axuden
a acelerar a depuración das devanditas toxinas.
Minimizar o impacto das mareas vermellas
No marco do proxecto “Depuración de toxinas de tipo diarreico (DSP) no
mexillón e de tipo amnésico (ASP) na vieira”, no que participan
investigadores do CIMA e do Intecmar, o secretario xeral da Consellería
anunciou varios traballos destinados a “atopar estratexias de manexo dos
cultivos que minimicen o impacto das toxinas, predecir mellor a
intensidade e duración dos episodios tóxicos e desenvolver vías de
activación dos procesos para acelerar a eliminación das toxinas”.
López Sieiro explicou aos membros da Comisión de Pesca que con estes
obxectivos os investigadores dependentes da Consellería fan, entre outros,
estudos sobre os efectos das condicións ambientais e nutritivas na
eliminación das toxinas, de transformación entre toxinas, de mecanismos de
eliminación das mesmas e da súa distribución no mexillón.
Novas liñas de investigación
Por outra banda, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está a
desenvolver novas liñas de investigación “dado que os episodios de
fitotoxicidade constitúen un dos problemas máis importantes da
acuicultura en Galicia”. Entre as posibles vías para paliar as súas
consecuencias está a predición da intensidade e duración das mareas
vermellas a partires das concentracións de células tóxicas de fitoplancto.
Estes modelos de predición “se están correctamente construidos e
implementados poden ser de gran utilidade, ademais de necesarios, en
vista do que pasou entre o outono de 2005 e principios de 2006”, explicou
o secretario xeral de Pesca.
No caso das toxinas de tipo paralizante (PSP) construiuse un modelo no
ano 1998 pero que non puido ser validado dado que non se volveron
rexistar episodios importantes deste tipo de toxicidade ata o ano 2005.
Por outra banda, para as toxinas de tipo diarreico tamén se construiron no
pasado diversos modelos que co avance das técnicas de detección se
atoparon con limitacións. “Por elo, durante a última marea vermella e para
validar os modelos de depuración que temos desenvolvidos e desenvolver
outros novos, recolléronse mostras de fitoplancto, mexillón e feces de
mexillón”.
Ademais, Miguel López Sieiro explicou na súa intervención que se están a
plantexar tanto por parte da Unión Europea como a nivel mundial diversas
posibilidades de cambio dos sistemas de control, tanto en niveis admisibles
de toxinas como en métodos de detección. Estos cambios, sinalou, poden ter
repercusións importantes para a economía e o funcionamento xeral do
sector, tanto no caso dos produtores e os comercializadores como nos
sistemas de control.
Tamén dende Pesca se presentou un proxecto de investigación para a súa
financiación ao Plan Nacional de I+D, en colaboración co Centro de
Acuicultura de A Coruña, para estudar os efectos que teñen nos sistemas de
control a biotransformación das toxinas PSP e DSP, a mellora das técnicas
de análise e a utilidade da avaliación dos estudos que sustituirán ao
bioensaio con ratos.
Resultados que se esperan acadar
En canto aos resultados que se poderían acadar con estas investigacións, o
secretario xeral de Pesca explicou que se trata de que os bivalvos
acumulen menos cantidade de toxina ou que se elimine rapidamente, mellorar
a capacidade de predición que proporcionan os recontos de fitoplancto
obtidos semanalmente polo Intecmar e incidir no coñecemento das bases de
depuración e da súa regulación, entre outros.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia