Carmen Gallego defende no Parlamento a calidade do mexillón de Galicia
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, criticou a irresponsabilidade do PPdeG “ao intentar arruinar ao sector mexilloeiro ao principio da campaña da Semana Santa, falseando os datos de cara á opinión pública para dar unha sensación de descontrol”. Así de crítica se mostrou no Parlamento Galego a titular de Pesca nunha comparecencia que tiña un obxectivo claro: “Intentar paliar o dano feito a un dos nosos produtos pesqueiros máis importantes”. Para elo, aportou datos destinados a clarexar “as falsedades verquidas polos populares acerca da alerta sanitaria activada por Italia”. Carmen Gallego sinalou na súa intervención que o produto exportado ao país transalpino “nunca chegou ao consumidor”, que as autoridades italianas “non puideron demostrar que o mexillón tivera toxina” e que as zonas de procedencia do produto en Galicia “eran totalmente aptas para a súa colleita”. De feito, explicou, o mexillón en cuestión segue reinstalado para a súa posterior venta nas augas da localidade italiana de Messina. Ademais, e ante as acusacións de ocultación de información por parte do PPdeG, a Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos deixou claro que “dende o primeiro momento o sector estivo perfectamente informado de todo o que estaba a acontecer”.
Así, a titular de Pesca explicou no Parlamento que no mesmo momento no que se recibiu a comunicación na Consellería das alertas de Italia, concretamente o 27 de xaneiro, incrementáronse os controis e fixéronse novas análises nas zonas de onde saira o produto, que volveron a dar negativos (libres de toxina), para a continuación pedirlle a Italia unha contranálise da partida afectada. Carmen Gallego destacou que as zonas de produción das que procedían as partidas que provocaron os problemas viñan de polígonos mexilloeiros que se atopaban abertos, nalgúns casos dende finais de decembro do 2005 e noutros dende o 14 de xaneiro.
Nas mostraxes feitas en todo o mes de xaneiro - continuou a conselleira -as análises feitas nas rías de Arousa e Vigo non revelaron a presenza de algas tóxicas e as análises de biotóxinas nos moluscos deron niveis moi por debaixo do límite fixado pola Unión Europea como seguro para o consumo humano. Tampouco as probas analíticas que fixo a Consellería de Sanidade nos centros de depuración e expedición do produto deron positivo. Pero a pesares disto, “reforzamos o control nas bateas obtendo de novo un resultado negativo, do mesmo xeito que os controis extra efectuados polas autoridades sanitarias nas depuradoras e centros de expedición”, sinalou a Conselleira.
As actuacións de Pesca continuaron o 30 de xaneiro co envío á Embaixada de España en Italia dun informe no que se adxuntaban os resultados dos controis realizados en auga e en bateas, así como unha explicación pormenorizada do programa de detección de toxinas que se leva a cabo en Galicia. Este informe tamén foi remitido ao Ministerio de Saúde de Italia e ao seu Laboratorio de Referencia de Biotoxinas.
Italia non aporta mostras para unha contraanálise
Unha semana despois, o 7 de febreiro, realizouse un novo informe ampliando o anterior, reiterando que as zonas de onde saira o produto exportado a Italia estaban totalmente libres de toxina. Neste documento, envíado a través da Consellería de Sanidade e a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, reitérase a necesidade de que Italia aporte mostras para facer unha contraanálise. Unha actuación que debería ser lóxica neste tipo de alertas pero que o país transalpino nunca chegou a facer.
Por outra banda, as mostras aportadas por Galicia procedentes da mesma zona de extracción que as enviadas a Italia foron analizadas polos técnicos do Laboratorio Comunitario de Referencia de Biotoxinas que obtiveron o mesmo resultado que os investigadores do Intecmar. É dicir, que o mexillón estaba en perfectas condicións para o seu consumo.
Neste momento da súa intervención, Carmen Gallego acusou ao PP de intentar dar á opinión pública unha sensación de descontrol por parte da Consellería de Pesca e para rebatilo aportou na comparecencia os datos de mostraxes e inspeccións feitas nos últimos meses en todos os polígonos bateeiros de Galicia. Gallego Calvar recordou ao Partido Popular que os profesionais que se encargan de facer as mostraxes así como os métodos utilizados son os mesmos que se facían co anterior Goberno, “xa que é unha normativa que establece a Unión Europea e que non vai cambiando dependendo de quen esté ao mando da Xunta de Galicia”. Neste senso, advertiu aos populares que non vai tolerar “que se poña en dúbida o traballo dos profesionais do Intecmar”.
Por outra banda, a Conselleira sinalou que “se como dixo o PP o sector non estaba informado do episodio italiano, pregúntome por qué os mexilloeiros invitados pola súa agrupación lle increparon ao seu portavoz , o señor Balseiro, cando citou o caso de Italia na miña anterior comparecencia sobre os epidosios tóxicos acontecidos en Galicia”.
Por último, pediu o apoio de todos os deputados para defender o mexillón galego fronte os que queren poñer en dúbida, xa sexa pormotivos políticos ou económicos, a calidade dun produto “do que eu, e penso que todos nós,debemos sentirnos orgullosos”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia