O presidente da Xunta propón aos alcaldes da Costa da Morte un pacto polo desenvolvemento urbanístico sostible da comarca
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, propuxo aos alcaldes da Costa da Morte un pacto para acadar un desenvolvemento urbanístico sostible da comarca e de Galicia. O presidente emprazou aos rexedores municipais a ser capaces de facer un desenvolvemento urbanístico e territorial “de calidade”, como forma de crecer “máis e mellor”, de xerar emprego e riqueza, e de protexer os recursos naturais.
Así o manifestou o xefe do Executivo galego en Vimianzo, onde presentou, xunto coa conselleira de Política Territorial, María José Caride, un programa de actuacións para mellorar as comunicacións da Costa da Morte. Este plan inclúe como actuación estrela a vía de alta capacidade que conectará Carballo con Cee, e que vertebrará toda a comarca. Este novo eixo viario contará cun orzamento de case 220 millóns de euros e deberá estar licitado no seu treito Carballo-Berdoias antes do verán de 2007 e, no seu segundo treito, Berdoias-Cee, a inicios de 2008.
Ante os alcaldes da comarca, Emilio Pérez Touriño solicitou un compromiso conxunto para ser capaces de acadar un pacto por un desenvolvemento urbanístico sostible na Costa da Morte. “Temos que ser capaces de facer un desenvolvemento urbanístico e territorial de calidade”, salientou Touriño, quen manifestou que a aposta de Galicia non pode ser polos salarios baixos ou pola precariedade, senón por “competir por arriba, pola calidade, pola innovación, pola protección dos nosos recursos”.
Para o presidente da Xunta este é o modelo a seguir para crecer “máis e mellor, para crear emprego e riqueza na Costa da Morte”, o que supón, sinalou, facer unha aposta por “máis e mellor urbanismo”. “Isto esixe adquirir un alto grao de conciencia e compromiso entre todos; non é fácil o camiño, pero queremos crecer mellor”, salientou o presidente, quen expresou que “só así” se pode construír un mellor futuro para Galicia e “non estragalo”.
Vertebrar o territorio e mellorar a seguridade viaria
O xefe do Executivo galego destacou que coa vía de alta capacidade que unirá Carballo e Cee a Costa da Morte deixará de ser unha zona “afastada” para converterse “nunha zona nuclear e central do territorio”. Segundo o presidente, ademais de vertebrar a Costa da Morte o novo eixo permitirá mellorar a seguridade viaria e reducir o tráfico interior en vilas como Carballo.
O presidente da Xunta indicou que se trata dunha actuación “cargada de futuro” e deseñada con ambición, porque o novo vial conta cunha estrutura homoxénea para todo o seu percorrido e permitirá, se os fluxos de vehículos así o reclaman, o seu desdobramento no futuro. “Esta actuación significa un compromiso do Goberno da Xunta coa Costa da Morte, significa unha aposta decidida por conseguir un obxectivo ata agora inalcanzable, que é equiparar a Costa da Morte coas zonas máis desenvolvidas de Galicia”, destacou o presidente, quen agregou que con este tipo de actuacións a Xunta traballa a prol do equilibrio do territorio e para acabar coa Galicia das dúas velocidades.
O máximo mandatario autonómico enmarcou esta infraestrutura nun conxunto de actuacións complementarias que suporán un investimento de máis de 70 millóns de euros na Costa da Morte e que prevén obras como a variante de Carballo. O presidente ratificou ademais o seu compromiso de presentar no Parlamento de Galicia un Plan de Reequilibrio Territorial dentro do cal a Costa da Morte contará cun plan de dinamización específico que se remitirá á Cámara antes do verán.
“O futuro da Costa da Morte non é un futuro de emigración nin desertización, a Costa da Morte conta con todos os requisitos para ter un gran país, unha gran comarca, non ten que ser menos que as Rías Baixas”, concluíu.
Pola súa banda, a conselleira de Política Territorial fixo fincapé en que a vía de alta capacidade entre Carballo e Cee permitirá separar os fluxos de tráfico de curto percorrido dos de longo percorrido, co cal mellorará a seguridade viaria nas vilas e en todo o trazado da infraestrutura. Asemade, salientou que obras como a variante de Carballo permitirán eliminar do centro da cidade o alto nivel de tráfico actual que provoca conxestión e contaminación acústica e ambiental.
A variante de Carballo actuará como circunvalación do núcleo urbano desta localidade, e constará de 10 quilómetros de lonxitude aproximadamente. A CPTOPT investirá máis de 15 millóns de euros nesta actuación que, actualmente, está en fase de redacción do estudo informativo e está previsto que este verán sexa exposta a información pública.
Características técnicas do proxecto
A nova Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte é unha infraestrutura viaria homoxénea, de 66,6 Kms. de lonxitude que, partindo de Carballo, percorre os municipios de Coristanco, Cabana, Zas, Vimianzo, Dumbría e Cee. Esta Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte suporá un investimento de 217 millóns de euros.
A nova infraestrutura terá características de corredor no treito entre Carballo e Cee, cun total de 56,8 quilómetros de lonxitude. No momento en que a intensidade de tráfico así o requira, as condicións do corredor permitirán o seu desdobramento para convertelo en autovía.
Dende Cee, a Vía de Alta Capacidade bifúrcase en dúas vías para automóbiles, en variante, unha en dirección a Fisterra, concretamente ata Sardiñeiro, (de 4,8 Kms.) e outra en dirección a Carnota, concretamente ata a localidade de Brens, (de 5 Kms.)
Trátase dunha actuación pensada tamén e sobre todo conforme a criterios de seguridade viaria, evitando deste xeito os problemas que neste sentido supón construír un eixo con varias tipoloxías. Esta nova infraestrutura dará servizo a mais de 148.000 habitantes e mellorará a comunicación da Costa da Morte co resto de Galicia. A meirande parte da mesma estará operativa no ano 2009.
Respecto a outras actuacións que se están a desenvolver na comarca figuran o acondicionamento dos eixes A Pereira-Muros, Buño-Ponteceso-Corme, e Carballo-Malpica.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia