Fernández de la Cigoña eloxiou a Lugrís por escribir cando “apenas había lectores en galego” na inauguración da IX Feira do Libro Galego en Tui

Fernández de la Cigoña, con medio centenar de libros editados, destacou que 17 de maio era a festa para a familia que escribe referíndose a poetas, novelistas e ensaístas. Dos primeiros dixo que “xogando coa palabras fan versos”, mentres que os camiños dos novelistas “son curvos e tortuosos” e os ensaístas “buscan, atopan e desenvolven calquera circunstancia”. Este escritor e naturista manifestaba que “un pode morrer satisfeitos tras plantar unha árbores, ter un fillo e escribir un libro” engadindo que “o último son palabras maiores”. Tamén se referiu na súa intervención ao homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Manuel Lugrís Freire, e indicou que “en época difícil cando a fala estaba desprestixiada” escribir en galego non era doado mentres que Lugrís o fixo aínda “apenas había lectores, hoxe as cousa mudaron”. Lembrando a Cunqueiro rematou a súa intervención desexando que “Galicia e o galego duren mil primaveras máis.”

Concello de Tui