Admitida a trámite a querela penal presentada por ADEGA contra o Grupo EXLABESA
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de recibir a notificación de admisión a trámite da querela presentada contra o Grupo EXLABESA. Esta querela, tramitada o día 5 do presente mes, é das máis graves interpostas até o momento en Galiza en materia ambiental. ADEGA considera que a axilidade do Xulgado de Padrón na tramitación da denuncia é indicativa da gravidade dos feitos denunciados. Esta empresa ten xa varias denuncias do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil por verquidos.
ADEGA denuncia na querela os verquidos tóxicos das fábricas de transformación de aluminio que o grupo EXLABESA ten en Rois. Estes verquidos (tanto directos a través de tuberías, sumidoiros e colectores como por infiltracións no terreo) conteñen concentracións de metais pesados sumamente tóxicos como cadmio, mercurio ou chumbo moi por enriba dos máximos permitidos pola lexislación vixente. A análise das lamas e líquidos do verquido realizados polo Doutor Luís Alfonso Rodríguez López , profesor titular del Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde da Universidade de Vigo, arroxaron parámetros moi elevados en metais pesados, moi por enriba dos esixidos polo Regulamento do Dominio Público Hidráulico. Este Regulamento refírese a tóxicos metálicos con parámetros integrados (cadmio,cromo, níquel, mercurio, chumbo, selenio, cobre e cinc) non superiores a 3mg/l e só o cadmio deu cotas de 5 mg/l. Tamén é de destacar as altas cifras de selenio, chumbo e cromo que, unidos ó anterior, suman parámetros superiores a 8mg/l de tóxicos metálicos. Estes metais teñen un efecto bioacumulativo que facilita e entrada na cadea trófica dos tóxicos con consecuencias canceríxenas e mutáxenas.
Asemade, a querela denuncia a existencia de 13 balsas construídas no recinto da empresa sobre solos areosos sen a máis mínima medida de impermeabilización ou seguridade. Estas balsas conteñen cada unha aproximadamente 400.000 litros de lodos e líquidos altamente tóxicos, favorecendo as súas características constructivas e a estructura do terreo o verquido por inxección, contaminando solos e acuíferos subterráneos. Presentan tamén perigo de rotura, tras observarse como o feble muro de contención construído pola empresa presenta fisuras, agravadas pola existencia dun desnivel de 50 m. En caso de accidente, verteríanse directamente ao río Sar e por arrastre chegarían á ría de Arousa, o que mesmo podería supor unha catástrofe similar a de Aznalcóllar, pola similitude dos contaminantes presentes (nalgúns elementos como o mercurio e o aluminio con parámetros moi superiores aos rexistrados nesa catástrofe) e polo alto valor ecolóxico, social e ecolóxico das paraxes afectadas e ameazadas.
Unha das balsas está escavada fóra do recinto da empresa, á beira dun camiño público, sen ningún tipo de medida de seguridade ou sinalización. Esta balsa verque por un dos seus laterais directamente ao regato coñecido como Bascuas, afluente do Sar. A análise das lamas deste verquido amosou uns resultados escandalosos pola súa perigosidade, detacando o mercurio, cunha concentración de 9,2 mg/l, candoo máximo permitido é de 0,1mg/l, e o aluminio, con 33 mg/l, sendo o máximo legal de 2mg/l.
O obxectivo desta querela é que o grupo EXLABESA asuma a súas responsabilidades sociais, ambientais e económicas, legalice a súa situación e repare os danos causados. Asemade quere ser unha chamada de atención ao mundo empresarial para que adecúen e xestionen axeitadamente os procesos industriais e os residuos que xeran, así como para que as distintas Administracións apliquen toda a súa capacidade de control e inspección para que feitos desta gravidade non volvan ocorrer.

Adega