A USC e o Concello de Lalín sentan as bases de futuras colaboracións coa sinatura dun convenio marco
O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, e mailo alcalde do concello de Lalín, Xosé Crespo, asinaron esta mañá un convenio marco e un convenio de colaboración para a realización dun curso de posgrao. O acto desenvolveuse no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. No acto estiveron presentes ademais o vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, Marcelino Agís, o vicepresidente da Comisión de Posgrao, José Carlos de Miguel, a directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folk de Lalín, Uxía Pedreira, e o concelleiro de Cultura de Lalín, Román Rodríguez.
O Concenio Marco ten por obxecto fixar as liñas de colaboración entre a Universidade de Santiago e o Concello de Lalín, coa finalidade de realizar conxuntamente traballos de investigación e estudos; cooperar na impartición de cursos, seminarios, coloquios e reunións; realizar as funcións de axuda, apoio, mutuo, información e asesoramento recíproco, en asuntos de interese común que faciliten a realización de actividades en desenvolvemento do ámbito funcional; e facilitar a posta en común de coñecementos, experiencias e material pedagóxico.
Por cada proxecto que se inicie ao amparo deste convenio marco as partes formalizarán acordos específicos nos que se contemplarán os seus aspectos concretos. Para facilitar a elaboración destes convenios específicos, o seu seguemento e cumprimento, constituirase unha Comisión Mixta paritaria integrada por un representante de cada unha das partes. O acordo asinado esta mañá terá vixencia por un período de tres anos, prorrogables automaticamente por igual período de tempo.
Curso de Especialización en Música tradicional
No mesmo acto, o reitor e o alcalde de Lalín formalizaron un acordo específico, o primeiro que se enmarca no convenio marco, para a organización dun Curso de Posgrao de Especialización en Música Tradicional Galega, a desenvolver pola Facultade de Xeografía e Historia. A colaboración estipulada no acordo asinado contempla o intercambio de profesorado especializado procedente de diversas disciplinas, así como a celebración dalgunha das sesións do curso no Conservatorio de Música Tradicional de Lalín.

Gabinete de Comunicación USC