Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Dende a Federación Ecoloxista Galega, vese con preocupación o exposto no “I Encontro Internacional de Expertos en Recuperación Ambiental de Minería de Lignito”, celebrado estes días en Santiago de Compostela.

Restauración Ambiental destruindo o Parque natural.
As augas recollidas para encher a mina procederá do río eume e dos seus afluentes, polo que se reducirá considerablemente as augas deste río, eixe central do Parque Natural das Fragas do Eume e das condicions físicas do rico estuario de Pontedeume. Non se contempla a protección do Caudal Ecolòxico xa moi mermado pola presencia do Embalse do Eume, explotado por Endesa.

O río foi moi alterado pola mina, convirtindoo nun río prácticamente morto. Agora que que sinais evidentes de recuperación de aqueles anos escuros (detectandose a presencia de especies como a lamprea, salmón, e unha boa poboación de reo) volvese a despreciar este marco ambiental incomparable.
Desprecio das normativas de protección ambiental
Pese que ainda non rematou o periodo de alegacións o estudio informativo, e non se iniciou o proceso de Estudio de Impacto Ambiental, Administración i empresa dan por feito un proxecto non avaliado. Esto que a Consellería de Medio Ambiente desprecia a lexislación Galega, Española e Europea que regula os Estudios de Impacto Ambiental relegandoo a un mero papeleo.

Esta postura da Administración, e un exemplo máis xa reflexado en caso que aparecen en toda Galicia e que inexplicablemente seguen adiante.

O cambio de Conselleriro ocurrido o ano pasado, non conlevou ningún cambio na política ambiental, Demostrando que a Consellería de Medio Ambiente é un mero adorno na Administración Autonómica de Galicia
Federación Ecoloxista Galega