Sobre a comisión do botellon creada en Vigo
Comunicado conxunto de: AX Abertal, AX Cancerbero, AX Xentenova, AVV Doutor Fleming, Central de Teatro, e a AX Camiño Vello de Coia:
As entidades consideran importante a participación directa da xuventude na comisión creada para o estudio de solucións para o problema de ‘botellón’ ó considerar importante que neste tipo de comisións participen tamén os propios xóvenes e entidades que traballan con eles, xa que son os principais implicados, e os que parecen que se quere deixar a un lado a hora de estudar as posibles causas e solucións.
Estas entidades son actualmente desenvolvedoras das actividades de ocio nocturno dentro do programa municipal de Noites Vivas, e bríndanse a colaborar tanto no deseño como desenvolvemento de novos programas, e a achegar información e formación sobre os efectos nocivos que un consumo abusivo do alcohol pode provocar na saúde dos mozos.
Tamén avogan pola creación dunha mesa máis ampla na que poidan participar todos os sectores implicados nesta problemática: asociacións xuvenís, asociacións veciñais, hosteleiros, educadores, pais, xunto co Concello, para que o problema non se que quede en un problema de limpeza e se aborden con seriedade e rigor as causas que provocan este tipo de comportamentos. Non se pode minimizar o problema e pensar que se os turistas non o ven é que non existe, e que non é malo para xuventude en particular e para a sociedade en xeral.

AX Abertal, AX Cancerbero, AX Xentenova, AVV Doutor Fleming, Central de Teatro, e a AX Camiño Vello de Coia