Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Mortalidade masiva de aves mariñas en Cariño

Nos últimos días vense de detectar unha mortalidade masiva (ducias de exemplares) de aves mariñas no Concello de Cariño (A Coruña). Fundamentalment trátase de álcidos (arao dos cons, arao papagayo, carolos) que aparecen nas praias. Non teñen grandes manchas de petróleo ou chapapote impregnando as suas plumas polo que a morte, presuntamente, e antes de facer as correspondentes análises estería debida a algunha intoxicación por ingerir cantidades indeterminadas de hidrocarburos. Algunha destas aves aparece nas praias ainda vivas pero moi debilitadas.
Compre destacar que non se está rexistrando de xeito oficial esta chegada de exemplares, posto que en moitos casos son simplemente abandoados e noutros, están sendo recollidos por protección civil. A responsabilidade desta tarefa é da Consellería de Medio Ambiente, á que non lle parece preocupar estos temas.
A morte destes animais ten a sua orixe nalgún verquido de petróleo ou fuel, ben reciente (un sentinazo, lavado de tanques) ben de antigo, é dicir, das 20.000 Toneladas de fuel ‘perdidas’ do Prestige (neste senso hai que dicir que segue a chegar chapapote as costas).
Reclamamos que sexa investigada esta mortalidade, rexistrada e para eso a Consellería de Medio Ambiente debera exercer como tal e poñer os medios materiais e humáns oportunos.
Adega