II Celanova Party 2006 entre o 7 e o 11 de agosto

primeiro andar do Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de
Celanova, conta con moitas novidades para esta II Edición.
Respecto ao ano pasado amplíanse competicións e talleres ademáis de ofertar actividades para os visitantes que pasen a ver como transcorre o Encontro Informático. Ás competicións que se levaron a cabo na anterior edición, súmanse este ano as de Vídeo Dixital e Programación.
Grazas á colaboración de algúns participantes ao evento, pola vontade de axudar a pasalo o mellor posible, cóntase coa posibilidade de competir ó "Dance Dance Revolution", ó Pin Pon, ó Futbolín, etc...

As persoas que desexen asistir á Lan Party pódense informar e inscribir na páxina web do evento, www.celanovaparty.net
, e seguir as indicacións que alí se detallan ou achegarse ata a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Celanova.
Organización Celanona Party 2006