Pérez Touriño salienta que o Plan da Costa da Morte 2006-2010 converterá esta zona en porta de entrada a Europa
O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, presentou en Laxe o Plan da Costa da Morte 2006/2010, que prevé un investimento na zona de 524.265.000 euros en cinco anos. Trátase, segundo subliñou Pérez Touriño, dun investimento que vai permitir que a Costa da Morte dea un salto de calidade e que se posicione en Galicia e en España como un territorio atractivo e de futuro. Un plan que, en palabras do presidente da Xunta, “vai converter a Costa da Morte na porta de entrada a Europa”, porque vai sentar as bases para acadar un desenvolvemento económico endóxeno apoiado en novos proxectos empresariais e na xeración de emprego, que proporcionará “opcións de futuro aos mozos” e devolverá “a confianza e o orgullo á xente desta terra”.
Na súa intervención durante a presentación do Plan da Costa da Morte 2006/2010, Pérez Touriño referiuse á situación de “illamento” e desertización económica e social que sufriu a Costa da Morte ao longo dos últimos anos, a causa dunha política do territorio que propiciou, segundo Touriño, un desenvolvemento territorial inxusto e desequilibrado, desaproveitando o potencial endóxeno de desenvolvemento desta terra.
Segundo explicou Pérez Touriño, este proceso de desertización económica propiciou a falta de oportunidades para os mozos, que se viron obrigados a emigrar da súa terra, o que levou aparellado tamén unha renda per cápita por debaixo da renda galega e unha densidade de poboación tamén inferior.
Compromiso do Goberno galego
Pero segundo subliñou Touriño a Xunta asumiu o compromiso de darlle a volta a esta situación; para reverter o panorama que sufriu ao longo dos últimos anos a Costa da Morte cun Plan a cinco anos dotado con máis de 524 millóns de euros. O obxectivo, remarcou Pérez Touriño, é mobilizar os recursos propios da Costa da Morte para xerar riqueza na zona, e lograr que os cidadáns recuperen a confianza.
De aí que “veña aquí a reafirmar con feitos, recursos e instrumentos o compromiso do Goberno da Xunta de Galicia coa Costa da Morte”, subliñou, en referencia ao Plan da Costa da Morte 2006/2010, que prevé un investimento de máis de 524 millóns de euros.
Obxectivos do Plan
Trátase, en palabras do xefe do Executivo galego, dun plan que ten como principal obxectivo impulsar o desenvolvemento económico de toda a Costa da Morte para que os seus mozos non teñan que marcharse e poidan construír un proxecto de futuro.
O plan presentado hoxe é froito dun traballo específico que se coordinou desde a Consellería de Economía e que responde a unha planificación para acadar o obxectivo da dinamización económica de toda a Costa da Morte. A iniciativa contribuirá ao desenvolvemento futuro dos concellos de Muros, Carnota, Mazaricos, Santa Comba, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Muxía, Camariñas, Vimianzo, Zas, Laxe, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Malpica, Coristanco, Carballo e A Laracha, beneficiando a un total de case 150.000 persoas.
150.000 persoas para ás que segundo sinalou Touriño, o Goberno galego quere construír un escenario de futuro, de benestar e prosperidade, prestando alento e proporcionando recursos a unha xente loitadora e emprendedora, como ten demostrado cumpridamente ao longo da historia.
Así mesmo, o presidente da Xunta lembrou que este plan da Costa da Morte se encadra dentro do obxectivo do Goberno galego de lograr un territorio “equilibrado e cohesionado”. Nesta liña, salientou que o Plan de Reequilibrio Territorial da Xunta será presentado no mes de setembro.
Actuación en materia de emprego
Na súa intervención, o titular do Goberno galego tamén explicou que o Plan da Costa da Morte “ten múltiples dimensións”, con actuacións en materia de emprego, infraestruturas, captación de novos proxectos empresariais, medio rural, pesca ou turismo.
Deste xeito, o Plan da Costa da Morte incidirá na creación de emprego e no incremento da cualificación dos traballadores, cun investimento total de preto de 48 millóns de euros. Dentro desta iniciativa está a elaboración dun Plan de Emprego específico para a Costa da Morte que contará cun investimento de 40 millóns de euros.
Solo empresarial
Así mesmo, fomentarase unha política de atracción de novas empresas e consolidación das xa existentes, coa creación de solo industrial, unha materia para que o Plan da Costa da Morte recolle unha partida de máis de 62 millóns de euros.
Pero, segundo subliñou o presidente da Xunta na súa intervención, o programa de revitalización económica e social da Costa da Morte e o aproveitamento dos seus recursos e de todo o seu potencial, pasa inescusablemente por unha mellora da accesibilidade, poñendo fin ao illamento e a incomunicación que condicionou o desenvolvemento desta zona.
De aí que o plan presentado hoxe tamén recolla importantes actuacións de cara a mellorar as infraestructuras, os portos, o urbanismo e o sistema de saneamento, abastecemento e depuración. De cara a mellorar a permeabilidade entre territorios, investiranse en infraestructuras viarias un total de 285 millóns de euros destinados a transportes e estradas, cun proxecto estrela: a Vía de Alta Capacidade da Costa da Morte, que permitirá estruturar toda a comarca e mellorar as comunicacións coa Coruña e co resto de Galicia.
Así mesmo, a mellora dos portos contará cunha partida de 25 millóns, e entre as actuacións que se van desenvolver neste eido salienta a ampliación do peirao de Brens, a xuízo do mandatario galego, “fundamental para o desenvolvemento industrial” da zona porque actuará de catalizador para a chegada de novas empresas á zona.
Un total de 15,5 millóns irán destinados ao saneamento, abastecemento e depuración de augas, co fin de facer compatible o desenvolvemento económico e social coa preservación da riqueza ambiental única que posúe a Costa da Morte.
Promoción dos sectores económicos fundamentais
Parello a estas actuacións, o Plan da Costa da Morte tamén recolle unha atención especial aos sectores económicos primordiais da zona: a pesca e o medio rural.
No tocante ao primeiro aspecto, o Goberno galego vai dedicar recursos por importe de máis de 40 millóns de euros que irán destinados a financiar actuacións que inclúen a modernización de buques, axudas ás empresas de transformación, a creación e mellora de infraestruturas, etc. Dentro deste apartado, 30 millóns de euros irán destinados a promover o desenvolvemento da acuicultura.
En relación ao outro eixo no que se vén articulando a economía da Costa da Morte, a agricultura, a Xunta prevé dinamizar a base produtiva do medio rural de cara a dignificar e mellorar as condicións de vida da poboación, apostando por infraestruturas para servizos básicos, como o abastecemento domiciliario de auga e a mellora de camiños agrícolas e pistas rurais. A tal fin destinarase unha partida de 5 millóns de euros.
No que a turismo se refire, o plan da Costa da Morte recolle un investimento de máis de 23 millóns de euros para a posta en valor do medio natural, a mellora da calidade e diversificación das rutas turísticas existentes e a promoción da apreciación dos recursos culturais, entre outros.
Modernización económica
Outro dos aspectos fundamentais do Plan da Costa da Morte é a modernización económica, con todo un programa de actuacións para a mellora da competitividade, o apoio á actividade emprendedora, a implantación de novas actividades e o fomento dos recursos con maiores posibilidade de futuro. A este fin destinaranse un total de 9.950.000 euros.
Vivenda e equipamentos
Por último, e para que vivir nesta zona non supoña, en modo algún, disfrutar dun menor nivel de calidade de vida, o Plan da Costa da Morte prevé investimentos por valor de preto de 10 millóns de euros encamiñados a implantar e mellorar os centros educativos e sanitarios, a desenvolver unha rede de centros de atención á infancia, centros de días para maiores e centros de atención á persoas dependentes, así como a potenciar novos equipamentos deportivos e culturais e mellorar a accesibilidade á vivenda.
Na presentación hoxe en Laxe do Plan da Costa da Morte estiveron presentes representantes de entidades veciñais, culturais e empresariais da zona, así como os alcaldes dos municipios beneficiarios e os conselleiros de Economía e Facenda da Xunta, José Ramón Fernández Antonio, e de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia