Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Adega denuncia máis construccións ilegais no parque natural de Corrubedo

Os Parques Naturais, malia a disfrutar dun grao de maior protección, tampouco están libres do cemento e do ladrillo. Neste caso é o Parque Natural de Corrubedo, onde co visto bo de Medio Ambiente se están a construir edificacións en terreos protexidos. ADEGA esixe que se cumpra a lei e, consonte a ela, se realice unha política de afección ceroá Rede Natura.

As obras denunciadas nesta ocasión realízanse nunha área de gran
valor ecolóxico e paisaxístico, nas proximidades da Lagoa de Vixán, afectando á conservación dun importante número de hábitats, mesmo prioritarios (*) (Código Anexo I da Directiva 92/43/CEE 1150*, 4030, 2150*, 6420, 6410, 6430, 6510, 8230), xunto con importantes poboacións de flora e fauna silvestre estrictamente protexida.

Aliás, o Plano Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ribeira
clasifica a área afectada pola construcción como zona de expansión dos núcleos rurais (non consolidado). O PXOM de Ribeira foi aprobado con anterioridade á Lei 9/2002 Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza (modificada pola Lei 15/2004), fixando criterios en canto á clasificación do chan contrarios ao establecido na devandita Lei 9/2002.

A non adatación do PXOM obriga ao cumprimento integro da Disposición transitoria primeira: réxime de aplicación ós municipios con planeamento non adatadoda Lei 9/2002.

Por conseguinte, son nulas as licenzas outorgadas en áreas de
expansión do núcleo rural cando a delimitación destas vulnera o artigo 13.2 da Lei 9/2002, onde se indica que a delimitación da área de expansión dos núcleos rurais, “estará comprendida polos terreos delimitados por unha liña poligonal paralela á de circunscrición do núcleo existente e como máximo a 200 metros lineais dela sen que, en ningún caso, poida afectar a solo rústico especialmente protexido”.

A licenza municipal, así como a autorización outorgada pola
Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible son, xa que logo, nulas de pleno dereito.

En atención aos argumentos expostos, ADEGA reclama que se proceda
con urxencia a realizar a oportuna inspección das actuacións que
denunciamos e se inicie o procedemento legal que corresponda de cara a recuperación da legalidade urbanística e a recuperación da parcela ao seu estado anterior, solicitando á paralización cautelar inmediata das obras que na actualidade se están a desenvolver.
Adega