Éxito de participación e resultados no Torneo de verán de Xadrez Concello de Carral

O torneo iniciouse ó redor das 16.30 h e constou de 7 roldas a 15 min. por xogador. A sétima partida rematou sobre as 21.00, trala cal Francisco J. Toba Rodríguez, con tan so 11 anos de idade, se proclamou campión absoluto cedendo un solo empate en todo o Torneo. O segundo posto foi para o canadense Serge Archambault. No apartado sub-16, saltou a outra sorpresa do torneo ó resultar campión outro rapaz de 11 anos, Julio Fariñas Pose, quedando por diante de competidores de maior idade e experiencia que el. Nesta mesma categoría, o subcampionato foi acadado por Víctor González Carro. Finalmente, na sub-12, o campión foi o local David Esteban Ferreiro, e o segundo posto foi para Darío Pereiro Barreiro. Finalmente, o premio ó mellor xogador local recaeu en José Manuel Zapata quen, tras un excelente torneo, rematou 13º na clasificación xeral.
Carlos Alberto Fragoso Parga (técnico municipal de Deportes-Concello de Carral)