O Concello de Brión oferta a través dos seus Servizos Sociais un taller de memoria para maiores de 55 anos

Segundo as fontes organizadoras, este taller soe reunir a unhas 15 ou 20 persoas. “Moitas delas”, din “non poden evitar emocionarse ante imaxes da gran pantalla, xa que nalgúns casos estes velliños non lembran ter ido ao cine antes da Guerra”. Grazas a esta actividade os nosos maiores aprenden a compartir en grupo e viaxan a distintas partes de Galicia mediante una excursión. O pasado ano o destino foi a cidade de Vigo.
Ademais deste ‘Taller de Memoria’, os Servizos Sociais brionenses poñen á disposición dos seus veciños dous talleres máis, un sobre manualidades e outro de bolillos. O prazo de inscrición para ambos será ata o día 25 de setembro e a cota ascende a 120 euros. A impartición destes cursos será novamente de outubro a xuño. Os interesados deberán para asistir ter máis de 18 anos.
O taller de actividades artísticas leva facéndose no concello desde hai cinco anos cunha gran acollida. Polo xeral esta actividade reúne a unhas 25 persoas repartidas en dous grupos. Unha vez rematado, en xullo, se soe facer ademais unha proposta similar de curso específico para nenos.Pola súa banda, o taller de encaixe de bolillos é algo máis específico cuns 10 inscritos aproximadamente cada ano. O desexo dos Servizos Sociais é sen embargo crecer e mellorar nas súas propostas culturais e sociais e xa se pensa na posibilidade de facer algunha exposición cos traballos resultantes destes talleres.
O Concello de Brión pon en funcionamento a Aula de Educación Permanente de Adultos

Segundo fontes dos Servizos Sociais a aula de adultos está dando moi bos resultados. “Ofrecemos clases de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO, en horario nocturno para que a xente que acude poida seguir traballando. Normalmente reunimos unhas vinte persoas, de todas as idades, desde 16 ata 60 anos, pero sobre todo xente nova. Os exames vannos a facer ao San Clemente en Santiago. Nós mesmos os levamos nun autobús”, declaran.
Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión)