A Xunta construirá un novo edificio xudicial na cidade de Ourense
O Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, e o alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, anunciaron, tras reunirse no Concello, que a Xunta ten previsto construír un novo edificio na cidade para responder ás necesidades da Administración xudicial.
Segundo Romeu, coas previsións de desenvolvemento e a creación de novas unidades xudiciais especializadas precísase un novo edificio que estea situado nunha zona razoablemente céntrica, xa que presta servizos inmediatos aos cidadáns, e un solar con capacidade de albergar unha construcción de arquitectura representativa, moderna de calidade: “Os edificios públicos deben ter esas características que fan que os cidadáns os identifiquen e que poñan en valor o resto do tecido arquitectónico do seu entorno”.
Nese sentido, o alcalde de Ourense afirmou que o Concello está disposto a poñer a disposición da Xunta unha parcela cunha edificabilidade aproximada de 15.000 metros cadrados, situada á marxe esquerda do río e próxima ao actual Pazo de Xustiza. O conselleiro explicou que devandita parcela ten unhas características de situación, visibilidade e representatividade que son “idóneas”, e adiantou que cando pase a disposición da Xunta convocarase un concurso de ideas para ter “un proxecto arquitectónico acorde con nivel dunha cidade coma Ourense” e que “permita, a medio prazo, ter un novo edificio xudicial”.
Estudio técnico
Méndez Romeu indicou que o tamaño do solar ofrecido polo Concello permite que as necesidades xudiciais poidan compatibilizarse con outros servizos públicos que a cidade necesita e que están en distintos graos de consecución. “O noso obxectivo sería que nos vindeiros meses os equipos técnicos de ambas as dúas institucións comezaran un estudio pormenorizado das características da parcela e da adaptación ao plan de urbanismo vixente, buscando o mellor aproveitamento e a mellor distribución dos usos nela”, anunciou.
O titular de Presidencia dixo que será no transcurso desa análise cando se decida se o concurso debe ser para todas as unidades xudiciais de Ourense ou se se manteñerán dous edificios con funcións especializadas, como se fixo noutras cidades. Así, lembrou que o actual Pazo de Xustiza conta cunhas magníficas instalacións e cunha ubicación moi boa: “Non queremos perder de vista a posibilidade de que poida seguir xogando un papel importante no servizo público de Ourense”.
O conselleiro, quen destacou o desenvolvemento comercial, social e económico que está a vivir Ourense, confiou en que en pouco tempo a Xunta de Galicia poida estar en condicións de ofrecer á cidade o edificio xudicial que necesita para satisfacer as súas necesidades.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia