O Servizo Galego de Saúde mellora a calidade do emprego e das relacións laborais
O Servizo Galego de Saúde deu un pulo definitivo ao emprego e ás relacións laborais neste primeiro semestre de 2006, concretando as melloras e vantaxes para o persoal na Sanidade Pública Galega, feito que redundará nunha mellor atención ao cidadán. Así, o departamento sanitario que preside María José Rubio Vidal, convocou a primeira Oferta Pública de Emprego (OPE) ordinaria nos últimos 6 anos, e que oferta preto de 2.500 prazas entre médicos de familia, farmacéuticos, e persoal non sanitario; e acelerou o remate do Proceso da OPE Extraordinaria, consolidando 5.000 postos de traballo de 103 categorías.
O Servizo Galego de Saúde regulou tamén a carreira profesional do persoal diplomado sanitario, e, neste senso, xa iniciou o procedemento para o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional. Ademais, acordou as bases e condicións que farán posible a integración, no réxime estatutario de persoal laboral, do sector sanitario público xestionado por fundacións e empresas públicas sanitarias. Coa fin de recoller a opinión dos profesionais para todos estes avances, a División Xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde que coordina todas estas accións realizou unha Enquisa de Clima Laboral entre os traballadores.
Preto de 2.500 postos de traballo na OPE Ordinaria
A Sanidade pública galega cumpriu o compromiso de convocar de xeito regular procesos selectivos para cubrir con emprego estable e de calidade as vacantes e os novos postos de traballo que xurdiran no sistema sanitario. Nesta liña, anunciou a convocatoria de preto de 2.500 prazas en 26 categorías profesionais de persoal sanitario e non sanitario, incluídas as de farmacéuticos e médicos de familia de Atención Primaria. Está previsto que os exames se fagan no último trimestre, e que a incorporación destes novos profesionais teñan lugar ao longo do 2007.
A tal efecto, o Diario Oficial de Galicia publicou xa en agosto unha Resolución pola que se convocou o concurso oposición para o ingreso nas categorías que de seguido se relacionan, e ás que hai que engadir as de 142 médicos de Atención Primaria, e 46 farmacéuticos.
Así, recóllese un total de 637 de ATS/DUE; 514 de auxiliar de enfermaría; seis de calefactor; 270 de celador; 18 de cociñeiro; seis de condutor; 25 de fisioterapeuta; 22 do grupo administrativo; 162 do grupo auxiliar da función administrativa; 15 do grupo técnico da función administrativa; 26 do grupo de xestión da función administrativa; 19 de lavandeiro; 30 pasador de ferro; 217 persoal de servizos xerais; 152 de pinche; nove de técnicos de xestión de sistemas e tecnoloxías da información; cinco de técnicos especialista de sistemas e tecnoloxías da información; seis de técnicos especialista en anatomía patolóxica; seis de hixienista dental; 52 de técnico especialista en laboratorio; 52 de técnico especialista en radiodiagnóstico; 11 de técnico especialista en radioterapia; seis de telefonista e sete de terapeuta ocupacional.
Peche da OPE Extraordinaria
Por outra banda, -coa publicación no Diario Oficial de Galicia en maio da Orde pola que se convocaba a fase de provisión da categoría de Pediatra de Atención Primaria- o Servizo Galego de Saúde rematou o Proceso Extraordinario de Consolidación de Emprego do seu cadro de persoal, e que puxo fin a un período caracterizado polas taxas de interinidade en todas as categorías. O Servizo Galego de Saúde converteuse así nun dos primeiros servizos de saúde en rematar este proceso, e no que se deu estabilidade laboral a preto de 5.000 profesionais de 103 categorías diferentes.
Carreira profesional de Enfermaría
Os representantes sindicais na Mesa Sectorial teñen sido clave para pechar cuestións no eido das relacións laborais. Precisamente, a resolución publicada en agosto para o inicio do recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional das categorías de diplomados sanitarios do Sergas está baseada no acordo asinado en xullo- ao que chegaron o Servizo Galego de Saúde e as forzas sindicais UXT, CCOO, CSI-CSIF e CEMSATSE, coa fin de regular a carreira profesional deste persoal.
En termos xerais, o sistema de carreira para os profesionais, nos só de enfermería, supón melloras na prestación e na calidade da asistencia, e servirán de incentivo aos profesionais. Estes teñen á súa disposición unha ferramenta de estímulo que lle aporta un recoñecemento profesional a través de catro graos de carreira que se acadan sucesivamente, e que lles suporá unha importante remuneración salarial con contías que acadarán dende 1.950 euros no grao I ata 7.800 no grao IV.
Integración no Sergas do persoal das Fundacións
O Servizo Galego de Saúde e as organizacións sindicais da Mesa Sectorial CIG, CEMSATSE, CCOO, CSI-CSIF, UXT e SAE acordaron por unanimidade, en xullo, as bases e condicións que farán posible a integración, no réxime estatutario de persoal laboral, do sector sanitario público xestionado por fundacións e empresas públicas sanitarias.
Galicia é a primeira Comunidade Autónoma que permitirá ao persoal laboral fixo destas entidades converterse en persoal estatutario. O texto que recolle as bases e condicións terá forma de Decreto, e a súa tramitación iniciouse xa tralo acordo acadado, rematando un proceso negociador iniciado sete meses antes.
Unha vez publicado este decreto, a oferta de integración será realizada mediante Ordes da Consellería de Sanidade dirixidas aos máis de 1.200 profesionais que prestan servizos tanto nos Hospitais de Verín, do Salnés, da Barbanza, e do Virxe da Xunqueira -que xuridicamente son fundacións públicas sanitarias-, como en MEDTEC, FEGAS, 061 e CTG.
Esta integración levará consigo unhas importantes melloras para o persoal e para a asistencia sanitaria, cun persoal integrado na rede, estruturado e que procurará a homoxeneidade necesaria no sistema, que redundará na calidade da asistencia. Os profesionais que se integren terán os mesmos dereitos e deberes que o persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, coa mobilidade en todo o Sistema Nacional de Saúde, carreira profesional e a plena integración nos colectivos profesionais do réxime estatutario.
Con este proceso empréndese o retorno á xestión pública dos recursos humanos, reforzado co apoio dos sindicatos, que acadan unha longa e importante demanda sindical. A Consellería de Sanidade dá así cumprimento, en menos de un ano, ao previsto no programa de goberno para esta lexislatura.
Coñecer a opinión dos traballadores
A División Xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional presentou tamén en xullo á Comisión Central de Seguridade e Saúde do Servizo Galego de Saúde, os datos do estudo de Avaliación do Clima Laboral, concibido como unha ferramenta necesaria para a detección de problemas e a identificación de necesidades do persoal sanitario de Galicia; e para así elaborar e priorizar medidas e accións dirixidas a dar solución a aqueles problemas que máis lles preocupan. Respondéronse a 2.310 cuestionarios dun total de 3.998, o que supón a participación do 57,78 por cento dos profesionais enquisados.
Os traballadores desglosáronse en oito categorías; e o cuestionario de 125 preguntas -enviado ao persoal durante os pasados meses de marzo e abril- estruturouse en catro bloques de preguntas que recollían datos sobre o propio traballador e o traballo doméstico e familiar, saúde e benestar persoal, así como das condicións do seu emprego e as súas esixencias.
Unha vez concluído o traballo de campo, comezou xa a análise pormenorizada dos datos recibidos, e que permitirá elaborar unhas conclusións das que se derivarán as accións que se consideren oportunas. Esta análise dos datos tense que facer de xeito comparado e estratificado por grupos de persoal e, ou, por niveis asistenciais.
Estas enquisas, que responden a un compromiso adquirido por la propia María José Rubio Vidal na súa primeira xuntanza cos integrantes da Mesa Sectorial de Sanidade, repetiranse de forma periódica para analizar a evolución do clima laboral no Sistema Sanitario Galego ao longo do tempo. Estes feitos concretan e materializan a intención do Servizo Galego de Saúde de mellorar considerablemente as condicións laborais dos traballadores, un dos eixes da Sanidade pública galega; e que redundará de xeito significativo na atención aos cidadáns.
Por último, todas estas medidas forman parte das políticas transversais de fomento da calidade do emprego, postas en marcha polo actual goberno de Emilio Pérez Touriño.

Gabinete de Comunicación do Sergas (Xunta de Galicia)