Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Proxecto Mercurio sae á rúa

O Palacete das Mendoza acolleu a formación do persoal que analizará o comercio pontevedrés. O Proxecto Mercurio, liderado pola Excma. Deputación de Pontevedra da deste xeito un paso máis en prol do comercio da provincia co inicio do Observatorio Celsius.

Coa finalidade de detectar as verdadeiras necesidades do sector e así poder establecer políticas adecuadas e estratexias efectivas, vanse realizar enquisas aos pequenos comerciantes de Pontevedra. O primeiro paso, antes de que os profesionais saian á rúa a empaparse do comercio retallista, pasa por recibir a formación precisa. A acción formativa comezou ás 9.30 e media da mañá no Palacete das Mendoza.

O día 20 de setembro comezan as enquisas en tódalas bisbarras da provincia ata o próximo 4 de Outubro. Trátase dunha primeira oleada de enquisas que será comparada con outra que terá lugar á mesma mostra en 2007 cun equipo de trinta profesionais.

Celsius englóbase dentro do Proxecto Mercurio, da iniciativa comunitaria Equal e financiado con fondos europeos, que leva un ano de andadura durante o cal se levaron a cabo diversas actividades como foros, seminarios de dinamización comercial ou cursos específicos para os traballadores do comercio retallista da provincia, coa firme intención de darlle un pulo ao comercio. Neste proxecto colaboran tamén as catro cámaras de comercio da provincia, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Asociación Provincial de Empresarias e o Instituto de Desenvolvemento de Caixanova.

Comunicación Observatorio Celsius