Comezan as obras na parroquia de Viceso, en Brión

Xunto a esta actividade en Viceso, a Brigada Municipal de Obras continúa co proxecto de mellora e reparación dos lavadoiros. Desta vez tocalle o turno ao de Senín, Piñeiro, Souto e Adoufo, todos eles na parroquia de Os Ánxeles; e ao de San Salvador, Cruxido e Valiño en Bastavales. Das obras pasadas podemos ver con asombro como o Muíño de Chave de Carballo xa está en funcionamento. “Como podes ver a roda de pedra xa xira e a auga corre a un bo ritmo”, sinálanos Hipólito.
Como peche deste tour co Xefe de Obras brionense, facemos parada técnica en Brión de Abaixo. “¡Como cambian os tempos! Agora ao ver estes muros xa rematados acórdome de canto empecei eu, hai uns 25 anos, poñendo asfalto as primeiras estradas do municipio como o que máis”.
SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN.
Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión)