Xornadas Provinciais de Cooperación. No fondo funciona a solidariedade
As Xornadas serán inauguradas polo Sr Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal. Participarán como ponentes D. Jesús Gamallo Aller, Secretario Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, D Alfredo Novoa Gil, Presidente do Fondo Galego e D Xulio Ríos, Director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI.
Os obxectivos que se perseguen con esta convocatoria é informar das posibilidades de establecer liñas de Cooperación e Solidariedade dende os Concellos e organismos municipais galegos, intercambiar impresións sobre as experiencias que se teñen desenvolvido en Galicia e presentar aos asistentes o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O Fondo é xa unha realidade importante na provincia de Pontevedra, que lidera en Galicia o compromiso municipalista coa cooperación. Vinte concellos, máis do trinta por cento do total, que representan ao 66,9% da poboación da provincia, forman parte do Fondo Galego.
Estas Xornadas están dirixidas aos responsables políticos municipais e aos técnicos funcionarios con responsabilidade en materias de cooperación.
O acto terá lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial. Dará comezo ás 9:30 e finalizará as 13,30 horas. Mª Nidia Álvarez, responsable do área no organismo provincial, será a encargada de clausurar esta iniciativa.

Irene González Contreras