Os Concellos de Brión, Ames e Val do Dubra ofertan un novo curso dentro do programa Equal Compostela Social
Iniciativa europea, o ‘Equal Compostela Social’ é unha iniciativa que fomenta a creación de empresas na Comarca de Compostela. Deste programa forman parte sete Concellos: Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Val do Dubra e Vedra. Mediante formación e asesoramento os Concellos tratan de xestar novos empresarios para Galicia. O obxectivo do Equal é acadar persoas con vocación empresarial para facer realidade proxectos de autoemprego e economía social.
No caso de Brión, o Equal é xestionado a través dos seus Servizos Sociais, e máis concretamente da man de Elisa Iglesias, tutora de iniciativas empresarias. “O que se pretende é facer medrar a comarca desde a propia comarca, favorecendo certos grupos sociais como as mulleres, os xóvenes menores de 30 anos, as persoas desempregadas máis dun ano, as familias monoparentais, o colectivo de discapacitados e os inmigrantes e emigrantes retornados”, explica. Para alcanzar esta finalidade, os incipientes empresarios reciben coñecementos básicos sobre organización empresarial, optimización económico-financeira, marketing e comercialización e habilidades sociais para o emprendemento. “O que lles ofertamos son obradoiros de aprendizaxe coas claves básicas que deben saber para crear a súa propia empresa”, acláranos Elisa.
Ademais da formación, os discípulos reciben asesoramento. “Esa é a miña labor xustamente, tutorizar, seguir o camiño de cada iniciativa de principio a fin, axudar a desenvolver unha idea, tramitar as subvencións necesarias, axudar na elaboración dun plan de empresa...”. Para aqueles interesados que desexen acceder ao Equal Elisa ponse a súa disposición. “Para iso estamos, para informar”.
Acerca da formación, os sete Concellos do Equal traballan en equipo. “Estamos constantemente ofertando estes obradoiros empresarias. Agora por exemplo comezará outra vez o curso en Val do Dubra. Neste senso creo que agrupación que se fixo por Concellos é boa. Ames, Val do Dubra e Brión traballamos conxuntamente rotando o lugar de celebración do curso. Vedra, Teo e Ames fan o propio e Santiago funciona só”, aclara. A data de comezo do próximo cursiño, de 180 horas, será o 23 de novembro, finalizando o 29 de decembro.
No caso de dificultades de asistencia o Equal oferta becas específicas. “Para aqueles que teñan dificultades de trasladarse ao lugar correspondente hai axudas para o transporte de 6 euros diarios. Tamén se dan axudas a aquelas persoas con dificultades de compatibilidade, se teñen nenos pequenos ou persoas maiores ao seu cargo para que poidan deixalos na gardería ou contratar alguén que lles bote unha man”, relata.
Desde a súa posta en marcha a finais de 2005, o Equal xenerou en Brión cinco propostas empresariais. “Todas elas están en trámite. Aínda non hai empresas creadas como tal pero son cinco promotores e iso é mostra do éxito do Programa no noso municipio”, declara. “As propostas son todas moi diferentes e van desde temas culturais a temas agrarios ou de enxeñería, pasando polo mundo da hostelaría. Máis adiante cóntoche máis cousas ao respecto”, conclúe.
Carlos Fontana, veciño brionés de orixe arxentino crea a empresa ‘JCF Fotografía Artística’ a través das axudas do programa europeo ‘Equal Compostela Social’
Equal Compostela Social é unha iniciativa comunitaria que promove a creación de empresas na Comarca de Compostela. Grazas a este programa, mulleres, xóvenes menores de 30 anos, familias monoparentais, discapacitados, inmigrantes ou emigrantes retornados recuperan un anaco dos seus soños, facendo visible e palpable aquilo que estaba oculto na súa memoria. Equal busca persoas con vocación empresarial entre os Concellos de Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Val do Dubra, Vedra e Teo; persoas que queiran loitar por unha idea. Para logralo, Equal aporta formación mediante obradoiros empresariais, asesoramento (estudo de viabilidade do proxecto, tramitación da subvención, elebaroación do plan da empresa) e financiación a través da UE.
Un bo exemplo do éxito deste programa no Concello de Brión atópamolo no caso de Juan Carlos Fontana, un arxentino retornado que agarda ter pronto o seu propio negocio fotográfico. “A fotografía é para min unha paixón, algo co que me sinto libre. De aí que queira convertir esta afición nun verdadeiro traballo”, conta. A proposta empresarial de Juan Carlos non se centra sen embargo na idea tradicional. Nada de crear un estudo de fotos nin unha tenda. A idea é ofrecer un recordo inesquecible aos turistas. “Eu fago unha fotografía que non existe no mercado, a fotografía turística. Saco imaxes panorámicas dos puntos de maior interese para os visitantes e logo véndooas en distintos comercios da zona. Ensino o catálogo e chego a acordos. De momento estou centrado en sacarlle o máximo rendimento a Compostela, onde xa teño unha lista de clientes bastantes consolidada, como o Hostal dos Reis Católicos, Aldeasa na Praza da Quintana, a librería San Pablo e varias tendas do casco histórico”, relata.
A emoción de Juan Carlos ao falar das súas imaxes non deixa dúbidas. Existe unha intencionalidade clara en cada peza, deixar pegada, cautivar o ollo daqueles que pisan por primeira ou non tan primeira vez, terras galegas. “O principal medo que eu tiña cando comecei con todo isto hai xa dous anos era que a miña obra non gustara pero sí ten aceptación e se cadra iso é porque falamos de fotos de autor, de momentos actuais que eu escollo para que a xente recorde conmigo. Non estamos falando da típica postaliña que sempre é igual, senón de mostras actuais. A miña idea é ter coleccións novas cada temporada”, explica. Ademais das fotografías Juan Carlos ofrece aos seus clientes pequenos cuadriños e marcadores de páxinas cheos de luz.
“Eu vendo cada peza enmarcada en passpartout, con cartón pluma por detrás para resguardar a imaxe da humidade. Logo envólvoa en papel celofán ou póñelle cristal, depende”, define. O traballo deste fotógrafo é sempre en formato dixital. “Antes facía, alá en Buenos Aires moita foto orixinal en blanco e negro e incluso fabricaba os líquidos eu mesmo, mercando o que me facía falta nas droguerías. Pero agora a cousa progresou moito e existen técnicas moi avanzadas que reducen custos e tempo. Por iso me pasei ao dixital e trato de aprender cada vez máis do tema”, aclara.
Con ideas claras. Así é como traballa este arxentino. A última destas ideas, ampliar hourizontes. “Eu traballei toda a vida, alá en Buenos Aires, no mundo da hostalería. Nos ratos libre adicada tempo á fotografía e de feito recibinme como fotógrafo profesional na Escola Nacional”, di. “Cando vin aquí coa miña muller, que é galega, pensei moi seriamente en adicarme o que máis me gustaba, e comecei sacando fotos de Compostela e tamén de Barcelona, onde me mercan dous ou tres clientes”, segue. “O que quero agora a través de Equal e dos Servizos Sociais de Brión que me están asesorando é poder crear a miña propia empresa para tomar imaxes de moitas outras cidades de interes turístico e vendelas in situ. A miña pretensión é ter unha carteira estable de clientes en distintas localidades de España”, continúa. “Vin do meu país pola gran inestabilidade que tiñamos alá. Aquí as cousas son ben distintas e penso que podo lograr cumplir este soño. A miña empresa chamarase JCF Fotografía Artística”, remata.

Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión)