O programa de actuacións de reequilibrio territorial beneficiará a 254 concellos cun investimento de 204 millóns de euros
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, afirmóu que o Programa de Actuacións de Reequilibrio Territorial de Galicia supón o inicio dunha política de reequilibrio que se formalizará nun plan de carácter plurianual no primeiro trimestre de 2007. O conselleiro, que presentóu o Programa ante a Comisión 3ª do Parlamento Galego, explicóu que inclúe actuacións en 254 municipios cun investimento total de 204,82 millóns de euros.
O Plan da cumprimento a un dos acordos programáticos para a Acción do Goberno galego que xa aparecía recollido no Orzamentos da Comunidade para o presente ano cunha previsión de actuacións sectoriais de distintas consellerías por un importe mínimo de 150 millóns de euros no exercicio 2006. Este Programa inclúe actuacións para o ano 2006 e terá continuidade no periodo 2007-2013 nun Plan de carácter plurianual en desenvolvemento do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013. Concebido como axente activo de desenvolvemento económico integral de Galicia, o programa está dirixido ás áreas con menor crecemento e persegue o reforzamento da cohesión social, económica e territorial.
O Programa actua sobre unha superficie de 26.127 kilómetros cadrados (o 88,3% do total de Galicia) e unha poboación de 1,05 millóns de habitantes (o 38,5%). Entre os seus obxectivos figura promover o desenvolvemento económico e a cohesión social nas áreas do País que presentan menor crecemento; así como introducir criterios estratéxicos de priorización e coordinación dos investimentos públicos en materia de infraestruturas, equipamentos e servizos básicos. Ademais, o Plan elaborado por Economía persegue programar cunha visión rexional e agregada as actuacións en accesibilidade e transporte, medio ambiente, recuperación urbana e do patrimonio cultural; e acadar a necesaria cohesión e complementariedade entre territorios nas medidas de actuación no medio rural con programas para a fixación de poboación no territorio, unha nova política forestal e agraria, e nos territorios costeiros, cunha especial atención ao sector da pesca.
As áreas de reequilibrio obxecto do programa poden agruparse en catro grandes ámbitos de actuación que son:
Área 1. LUGO-A CORUÑA NORTE. O territorio norte cantábrico e subcantábrico das provincias de Lugo e do interior da Coruña.
Área 2. A CORUÑA OCCIDENTAL. A Costa da Morte e as súas extensións na provincia.
Área 3. LUGO-A CORUÑA SUR-PONTEVEDRA INTERIOR NORTE. O Sur interior de Lugo e A Coruña co Norte interior de Pontevedra
Área 4. OURENSE-PONTEVEDRA INTERIOR SUR. Ourense e a súa prolongación no interior sur da provincia.
A definición destas áreas responde a unha delimitación sinxela, territorialmente significativa na expresión rexional, e equilibrada aos parámetros de poboación, densidade e renda. Para a súa delimitación, aplicáronse aos 315 municipios galegos indicadores que recolleran diferentes variables demográficas e económicas, así como un específico relativo á capacidade para xerar rendas por unidade de superficie. Entre as características das áreas de reequilibrio figuran unha renda dispoñible bruta por habitante de 8.179 euros, fronte a unha media de 9.116 euros por habitante para o conxunto de Galicia; e unha densidade poboacional de 40,3 habitantes por kilómetro cadrado frente ao 92,5 da media galega.
Integración territorial das actuacións
A formalización do Programa de actuacións de reequilibrio territorial permite asegurar que unha parte significativa do investimento público da Xunta de Galicia vai dirixida aos territorios menos favorecidos en accións sectoriais relevantes para propiciar o seu desenvolvemento. Entre os sectores con incidencia na dinamización territorial figuran:
- Infraestruturas de accesibilidade e transporte.
- Infraestruturas primarias relacionadas co ciclo da auga.
- Equipamento dos servizos primarios á poboación.
- Infraestruturas rurais e valorización de recursos forestais e pesqueiros.
- Dinamización económica, formación e solo empresarial.
- Recuperación urbana e do patrimonio.
Dentro deses sectores, para o efecto da identificación das accións integradas no Programa, produciuse unha selección das áreas temáticas consideradas preferentes pola súa contribución á creación das condicións básicas para o desencravamento dos territorios deprimidos. Estas áreas de intervención seleccionadas son:
Accesibilidade e transportes. Comprendendo as accións en mellora das estradas, dos portos e das infraestruturas de transportes.
Medio ambiente. Centrándose especificamente nas accións relacionadas co ciclo da auga. Comprendendo infraestruturas primarias de abastecemento de auga a poboacións, saneamento e depuración de augas residuais.
Equipamento dos servizos primarios. Considerando en particular as accións relacionadas coa mellora dos equipamentos sanitarios e educativos.
Medio rural e pesca. Seleccionando especificamente as accións relacionadas coa potenciación dos recursos forestais (tratamentos silvícolas, repoboacións, infraestruturas forestais, etc.), coa mellora das infraestruturas rurais (en aplicación do Programa Estratéxico de Infraestruturas no medio rural 2006-2009) e coa concentración parcelaria. E incorporando as accións de recuperación e valorización dos recursos marisqueiros e as de mellora de infraestruturas pesqueiras portuarias e complementarias en terra.
Dinamización económica. Comprendendo as accións de dinamización turística e de valorización dos Camiños Xacobeos e os plans de gasificación. Considerando as accións dirixidas á formación e orientación profesional e valorización do medio rural, á promoción de ocupacións relacionadas cos espazos naturais de especial interese e á cooperación local para o reequilibrio territorial. Incorporando as actuacións en materia de promoción pública de solo para actividades empresariais implantadas nas áreas territoriais obxecto de reequilibrio.
Recuperación urbana e do Patrimonio. Concentrado especificamente nas accións en materia de rehabilitación dos conxuntos históricos e nas actuacións de conservación e restauración do patrimonio pola súa incidencia directa na valorización do patrimonio cultural como factor de desenvolvemento.
INVESTIMENTO POR SECTORES
_ ACCESIBILIDADE E TRANSPORTE 80.289
_ MEDIO AMBIENTE 26.582
_ EQUIPAMENTO SERVIZOS PRIMARIOS 14.750
_ MEDIO RURAL E PESCA 40.979
_ DINAMIZACIÓN ECONÓMICA 37.603
_ RECUPERACIÓN URBANA E PATRIMONIO 4.615
TOTAL (miles de euros) 204.818
Participación das consellerías
De cada un destes ámbitos temáticos, incorpóranse accións a desenvolver polas distintas Consellerías implicadas, isto é, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Consellería de Sanidade, Consellería de Educación, Consellería do Medio Rural, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Consellería de Innovación e Industria, Consellería de Traballo, Consellería de Vivenda e Solo, Consellería de Cultura e Deporte.
No ámbito da accesibilidade e o transporte, as actuacións previstas por un importe total de 80 millóns de euros, presentan a distribución seguinte: en materia de infraestrutura estradal prevense actuacións por importe superior aos 64 millóns de euros. Polo seu rango non se consideran os investimentos en autoestradas e autovías de conexión coa rede europea que -cun importe superior aos 146 millóns de euros- incidirán tamén de modo decisivo na mellora da accesibilidade rexional dos ámbitos polos que discorren. En materia de infraestrutura portuaria prevense 34 intervencións cun investimento de 15,4 millóns de euros. As accións en materia doutras infraestruturas intermodais do transporte ascenden a 710 mil euros.
As accións en materia de infraestrutura hidráulica principal dirixida ao abastecemento de augas, saneamento e depuración teñen un investimento previsto de máis de 26,6 millóns de euros.
Na materia de mellora do equipamento de servizos primarios á poboación: prevense intervencións e reformas en 21 centros de saúde e dous hospitais cun investimento previsto de 4,7 millóns de euros; as intervencións e reformas previstas en 16 centros de ensino infantil e primario e en 8 institutos de ensino secundario acadan un investimento de 10 millóns de euros.
As actuacións sectoriais propias da infraestruturación e valorización de recursos no medio rural e da pesca aproxímanse aos 41 millóns de euros, comprendendo: un investimento superior aos 5 millóns de euros para as accións seleccionadas da política forestal distribuídas en 110 municipios; accións de mellora das infraestruturas rurais distribuídas en 202 municipios cun investimento previsto de máis de 15 millóns de euros; investimentos en infraestruturas de concentración parcelaria que superan os 12 millóns de euros en actuacións en 24 municipios; as accións de valorización dos recursos mariños comprenden 22 proxectos cun investimento de 1,4 millóns de euros; 19 intervencións na infraestrutura portuaria pesqueira cun importe de 6,8 millóns de euros.
As accións xerais de dinamización económica seleccionadas integran un investimento de 37,6 millóns de euros coa seguinte distribución: Seis Planos de Dinamización Turística e 25 intervencións nos Camiños Xacobeos que acadan un investimento de 9,6 millóns de euros; nove Planos de Gasificación noutros tantos municipios que prevén un investimento de 540 mil euros. As accións en materia de formación e emprego distribúense en: 1,8 millóns de euros para o Programa de mellora de xestión e integración aos parados no ámbito rural (en convenio coa FEGAMP); 1,9 millóns de euros para formación de parados e ocupados e orientación profesional; 2,0 millóns de euros en programas de cooperación con entidades locais dirixidas ao reequilibrio territorial; 1,0 millón de euros en programas de formación e emprego para a renovación e valorización do medio rural; 1,0 millón de euros en programas en territorios naturais protexidos para a promoción de xacementos de emprego vinculados ao contorno natural. As intervencións en materia de promoción de solo empresarial ascenden a 19,8 millóns de euros; pola dimensión territorial do seu ámbito de servizo, non se consideran as actuacións de rango subrexional (Parque de Val da Rabeda-Taboadela e Plataforma Loxística de Salvaterra de Miño) que, cun investimento de 18,4 millóns de euros, incidirán tamén na área na que se implantan.
O ámbito da recuperación urbana e do patrimonio comprende un investimento de 4,6 millóns de euros coa seguinte distribución: intervencións en rehabilitación de conxuntos históricos cun investimento de 2,3 millóns de euros que alcanzan a 17 áreas de rehabilitación con axudas á rehabilitación, ao financiamento de intervencións en espazos urbanos e ás oficinas de rehabilitación; a acción en materia de conservación e restauración do Patrimonio Cultural que inclúe 21 actuacións cun investimento total de 2,4 millóns de euros.
No seu conxunto, un total de máis de 500 accións, cun investimento de case 205 millóns de euros, compoñen o conxunto das accións do Programa de actuacións de reequilibrio territorial para o ano 2006.
Sen esgotar as actuacións da Comunidade Autónoma nos ámbitos seleccionados, as que conforman o Programa de actuacións de reequilibrio territorial identifican a matriz das accións de carácter estrutural a desenvolver no exercicio 2006 nos ámbitos territoriais nos que se manifestan os diferenciais de desenvolvemento.
O Programa contará cun organismo de coordinación, seguimento e control de xestión para asegurar a execución das actuacións programadas, a captación e promoción de novas actividades económicas e a actualización periódica do Programa.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia