Pesca e Opmega coinciden na necesidade de establecer un sistema de control único para o mexillón de Galicia
A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo unha xuntanza en Santiago con representantes da Organización de Productores do Mexillón de Galicia (Opmega).
Durante o encontro, a titular de Pesca da Xunta fixo fincapé na necesidade de “establecer un sistema de control exhaustivo do mexillón dende que sae da batea ata que chega ao consumidor”. Opmega amosou o seu total apoio a esta iniciativa, que se levará a cabo través do convenio de colaboración que a Consellería asinou recentemente co Consello Regulador. Neste sentido, Gallego Calvar e a Organización de Produtores coincidiron na importancia de levar a cabo un control de calidade único e riguroso para todo o mexillón galego,
contribuindo así a mellorar a súa trazabilidade.
Por outra banda, durante a reunión Opmega trasladoulle á
conselleira a preocupación dos bateeiros ante as diferentes taxas portuarias que teñen que aboar pola súa ocupación da lámina de auga.
Carmen Gallego explicou a este respecto que a intención da Consellería é que exista unha única taxa para todas as rías que sexa percibida pola Xunta de Galicia e non polo Estado, tal e como sucede na actualidade.
Finalmente, os representantes do sector mexilloeiro manifestaron a súa inquedanza pola saída de mexilla de Galicia cara outros lugares. Neste sentido, a conselleira indicou que dende o seu departamento se está a traballar nun posible cambio normativo para dar resposta a esta situación.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia