O presidente da Xunta anuncia que o proxecto de construción da autovía entre Vilagarcía e Pontevedra estará en marcha en 2007
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou que o vindeiro ano estará en marcha o proxecto de construción da autovía que unirá Vilagarcía con Pontevedra. O presidente revelou que o estudo informativo do treito Vilagarcía-Curro xa está rematado.
Tras unha visita a un instituto de Educación Secundaria a Pontevedra, o xefe do Executivo tamén adiantou que o estudo formativo da autovía Vilagarcía-Pontevedra estará rematado “en breve”, polo que a conexión entre estas dúas cidades -libre de peaxe- estará en proxecto construtivo o vindeiro ano.
Segundo explicou, esta nova autovía permitirá enlazar coa circunvalación de Pontevedra e coa nova autovía Pontevedra-Vigo. A este respecto, salientou que a declaración de impacto ambiental desta última infraestrutura será aprobada antes de fin de ano o que quere dicir, que a autovía estará en fase de proxecto construtivo en 2007.
“Trátase dunha aposta potente por trazar un novo gran eixe de comunicación Vilagarcía-Pontevedra-Vigo. Ese é o horizonte e estamos a dar os pasos necesarios e oportunos”, explicou Touriño, quen destacou que este novo esquema viario para a provincia de Pontevedra “cambiará a accesibilidade e a mobilidade da área urbana como plataforma básica para o crecemento e expansión de todos os sectores de actividade”.
Neste novo plantexamento diario enmarcou o presidente a nova variante de Marín que, cun orzamento superior aos 60 millóns de euros permitirá “salvar a conxestión de tráfico eterna e histórica” desta zona.
Conexión entre Santiago, Pontevedra e Vigo
Asemade, Emilio Pérez Touriño subliñou que a conexión de alta velocidade ferroviaria entre Santiago,Pontevedra e Vigo estará toda en obras no vindeiro ano.
A estes “potentes investimentos” sumou o xefe do Executivo autonómico as partidas consignadas para o desenvolvemento dos aeroportos e portos da provincia entre os que salientou os 5 millóns achegados para as instalacións de Marín, os 6,5 millóns destinados a Vilagarcía de Arousa e os máis de 30 millóns para Vigo.
Finalmente, Emilio Pérez Touriño destacou o convenio asinado onte para o saneamento do rural de Pontevedra ao que se destinarán 27 millóns de euros, así como a aposta pola mellora da asistencia sanitaria na cidade que supón a construción do novo Centro de Saúde da Parda ou o deseño do plan funcional do hospital.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia