Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Pechado o acceso ó Mirador da Casa dos Parentes en Meira

Os representantes veciñais da Comision non pudemos - a vista da situacion creada-, mais que aceptar, que de forma temporal, se peche o acceso o Mirador. Na imaxe pódese comprobar o impacto das obras na nosa parroquia.
Por parte dos representantes veciñais, e ante o comenzo das obras da via no lugar de A Costa, quedou claro que todolos acordos tomados pola Comision ( horario e intensidade de voaduras, actas notariales, etc) tamen se deben aplicar a este tramo.
Empresa e Xunta confirmaronnos que xa remataron o muro no lugar de O Roufeiro, onde se apoiara o talude da via neste lugar, polo que pronto comenzaran a instalar o tubo onde se canalizara o regato Redaguas.
Tamen se falou da reposicion dun manantial que ocupara a via, asi como da canalizacion na via do regato regatans. Puxemos tamen en coñecemento da empresa outras cuestions menores que se comprometeron a atender con rapidez.
Víctor Pastoriza (Representante veciñal na comision de seguimento das obras da via rapida no tramo de O Caeiro-A Costa)