O Concello de Brión amplía as súas dependencias y la guardería municipal dispondrá de una nueva unidad de más de 100 metros cuadrados
O equipo de Obras do Concello traballa desde esta mañá no proxecto de ampliación do espazo municipal. A finalidade desta intervención é dotar ao Concello de dúas novas áreas, a primeira para uso do departamento de arquitectura e a segunda para a uso da policía municipal. O orzamento deste proxecto ascende a 36.579 euros.
A primeira fase das obras correspóndese co cercamento da zona “mediante propiaño de pedra de O Porriño, semellante á da actual estructura”, segundo nos explica Hipólito Berdullas, Xefe de Obras do Concello. A segunda fase suporá o acondicionamento dos dous espazos. “Como ves temos a catro obreiros e un tractor-grúa para levar adiante a obra, que ten un prazo de execución aproximado de tres meses”, engade. A superficie total a ampliar será de 60 metros cadrados, 30 por cada unha das estancias.
Por outra parte, a gardería municipal de Brión, situada en Os Ánxeles, ampliará en breve o seu número de prazas grazas a firma dun convenio de colaboración entre o alcalde de Brión, Xosé Luis García, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán. O presuposto da obra ascende a 62.140 euros, dos que Vicepresidencia aporta o 49.712 €, isto é o 80% dos custos totais. O 20% restante corre a cargo do Concello.
A nova construcción, que terá unha superficie de 100,68 metros cadrados, suporá o aumento do número de inscripcións posibles en 18, pasando das 54 prazas ás 72. O proxecto contempla dous bloque aillados, rectangulares e paralelos entre sí, que se unen a través dun porche cuberto. O novo espazo contará coas seguintes dependencias:
-unha aula de 36,80 metros cadrados
-un vestiario de persoal
-un almacén
-aseos
-unha sala de profesores de 23,18 metros cadrados
Esta é a cuarta modificación que sofre a escola infantil dos Ánxeles. Nas anteriores fases de mellora, a gardería obtivo un salón de usos múltiples, un comedor, unha cociña e unha despensa, espazos administrativos e dúas aulas. En palabras do alcalde “a firma do convenio supón para Brión contar practicamente cunha nova unidade infantil”.
Outra das reformas importantes da gardería municipal é a do seu persoal, con tres novos mestres e un auxiliar de limpeza e comida. Con estas incorporacións, a plantilla pasa a ter oito persoas (sete mestres e un axuliar). O departarmento de Servizos Sociais do Concello, encargado da xestión do ente, pretende facer desta escola infantil un recurso válido para todas aquelas persoas con problemas para conciliar vida laboral e familiar.

Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión)