Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A Sociedade Pública de Investimentos adxudica as obras do primeiro tramo da Terceira Ronda de A Coruña

O consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), dependente da Consellería de Economía e Facenda, acordou a adxudicación das obras do primeiro treito da terceira ronda de circunvalación de A Coruña á Unión Temporal de Empresas Puentes-Explotaciones Gallegas. O treito inclúese no “Plan Sectorial da Rede Viaria de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros” e está englobado no convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Concello de A Coruña que recolle a totalidade dos 4,2 Km do tramo urbán da ronda que conectará en Pocomaco co treito de 8,8 Km a construir polo Ministerio de Fomento ata a Autovía A-6 e o aeroporto. O total da actuación comprendida no convenio ascende a 30 millóns de euros.

As obras inclúen a construcción dun vial de seis carriles coas súas correspondentes conexións entre a rúa Manuel Murguía e o límite do Plan Parcila de Ordenación del Sector de San Pedro de Visma. A UTE adxudicataria realizará as obras nun prazo de 10 meses e cun presuposto de execución de 5,78 milóns de euros.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia