Aterriza o Outono Cultural en Brión e comezan as actividades da Escola Municipal de Teatro Xuvenil

Alberto Álvarez, Técnico de Cultura do Concello, móstrase moi satisfeito con esta oferta trimestral. “Temos un gran cartel. Fíxate que o próximo día 11 actuará o grupo de Teatro de Cámara Ditea, o máis veterano do panorama teatral galego, con 46 anos de experiencia ao seu lombo”, di. “Ademais, a nosa oferta non exclúe a ninguén. Calquer persoa de calquer idade pode disfratar do ‘Outono Cultural’ de Brión”, remata. Os interesados poden acceder á programación completa na páxina web do concello: www.concellodebrion.org.
O mes de novembro pecha coas actuacións de Leilía o día 18 e do grupo compostelano ‘Ruso Negro’ do día 24. Ruso Negro representa a súa peza Concerto normal e corrente, unha proposta a medio camiño entre a representación e a musicalidade. Espectáculo revelación 2004, esta obra permitirá ao espectador escoitar desde o son das guitarras, dos acordeóns, das frautas, e dos timbres, ata a sorprendente musicalidade duns simples ralladores de queixo.
Xa en decembro, pechan o ciclo as actuacións do Grupo de Metais Santa Cecía (día 1), o Grupo de Teatro Badius (día 3), o quinteto de vento Pentafonía ( día 15) e o Grupo de Teatro Mofa e Befa (o 22).
A Escola Municipal de Teatro Xuvenil de Brión abriu as súas portas cunha quincena de inscritos
O teatro nunha comunidade é un fenómeno cultural de primeira magnitude. A sabendas desta realidade, o Departamento de Cultura do Concello de Brión aposta un ano máis pola apertura da súa Escola Municipal de Teatro Xuvenil. Con esta iniciativa agardáse traballar a cultura teatral de base, presentando a esta arte como unha estratexia formativa e educativa privilexiada para os nosos xóvenes. Ao mesmo tempo, e seguindo a liña do pasado ano, a escola buscará crear novos artistas e novos públicos, así como fomentar a animación á lectura e a afección ás artes escénicas.

Como plan de futuro, a Casa de Cultura pretende conseguir con esta actividade estimular a creación dun grupo de teatro xuvenil estable e con capacidade para participar nos distintos circuitos de actuacións da Xunta e da Deputación.
Ana Valín (Gabinete de Prensa do Concello de Brión)